
2023 Sólodos En Danza Ourense
Certame de Creación de Dúos y Solos
COREOGRAFÍAS FINALISTAS SóLODOS OU 2023
SóLODOS publica as coreografías finalistas para o Certame de Creación de Dúos e Solos, que se celebrará dentro da programación do Festival SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2023, os días 15 e 16 de xuño.
SóLODOS agradece a todas e todos os artistas que enviaron as súas propostas. Foi unha convocatoria con unha grande acollida, con alta participación polo número de propostas recibidas e grande calidade das mesmas.
Son coreografías finalistas de SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2023:
-
Nunca bailaré sólo / Diego Garrido
-
Picnic on the Moon / Júlia Godino e Alexa Moya
-
Minerva / Alicia Verdú
-
Les Passants / Patricia Hastewell Puig e Noé Ferey
-
Extender como si pudiera / Julia Laport
As coreografías finalistas poderán optar aos seguintes Premios e Programacións:
SóLODOS EN DANZA OURENSE 2023 - XIRA COSTA RICA 2024 .
COREOGRAFÍA FINALISTA en "BAILANDO CON PIEDRAS" 2023.
COREOGRAFÍA PROGRAMADA no FESTIVAL "MANHATTAN" 2024.
PREMIO XOVE - PROGRAMACIÓN DANZA NO CLAUSTRO 2024.
SóLODOS EN DANZA é un proxecto de Cooperación Cultural, un proxecto de ámbito artístico-social que xenera intercambio e movilidade entre artistas. Utiliza diferentes estratexias de colaboración para construir unha ponte cultural entre artistas de dous continentes (América / Europa).
A PLATAFORMA CULTURAL SóLODOS traballa para a difusión da danza e as artes do movemento. Os seus proxectos promoven a danza como ferramenta social e desenvolvemento cultural, xenerando espazos de colaboración entre proxectos culturais, creando iniciativas que permiten o intercambio de coñecemento entre institucións públicas e privadas, centros de ensinanza escénica, artistas, público e a sociedade en xeral.
SÓLODOS EN DANZA / OURENSE / 2023
DIRECCIÓN
Maruxa Salas
Erick Jiménez
PRODUCIÓN
Maruxa Salas
Víctor López Carbajales
