
UNHA COPRODUCIÓN DE
SóLODOS, Centro Coreográfico Galego, Concello de Xunqueira de Espadanedo, Festival Manhattan, Asociación Cultural La Cocina de Rubén Darío e Larumbe Danza.
SINOPSE
MOVER CENIZAS é o título do novo espectáculo de SóLODOS, un proxecto de danza contemporánea dirixido por Maruxa Salas e Erick Jiménez.
Inspirado no tema dos incendios e achegándonos á pegada que estos deixan, faise unha metáfora entre corpo e esa natureza devastada. Pensando en cómo se compoñen nos corpos esas cinzas-cicatrices do vivido, para rexurdir e continuar no camiño da vida.
O espazo sonoro, a estética da obra e o movemento da danza, traballarán conxuntamente afondando na poética dun espazo arrasado polo lume que inspirou a obra. Rescatando as cinzas como a pegada do queimado e a metáfora do vivido.
Durante os últimos tres anos Maruxa Salas e Erick Jiménez levan traballando e afondando na mesma idea, que os levou a elaborar e crear a proposta de Mover Cenizas. Pensando no que queda despois da devastación da natureza, facendo unha metáfora co noso propio corpo, pensando en cómo nos levantamos despois de ser devastados por todas as vivencias que nos suceden ao longo da vida. Cómo a traxedia e a dor imprimen nas nosas vidas, incorporando esas “cicatrices” aos nosos propios corpos, rexurdir e continuar con esas marcas, fragmentos, cicatrices e cinzas que opropio camño da vida nos da.
MOVER CENIZAS é unha metáfora do noso propio corpo coa propia natureza.
FICHA ARTÍSTICA
Intérpretes: Maruxa Salas e Erick Jimenez
Coreografía: Maruxa Salas e Erick Jiménez
Duración: 18 min
Vestiario: Adolfo Domínguez
Espazo sonoro: John Axiom
Produción: Víctor Lopez
Dirección: Maruxa Salas e Erick Jiménez
Espectáculo coproducido por Centro Coreográfico Galego, Concello de Xunqueira de Espadanedo, Festival Manhattan, Asociación Cultural La Cocina de Rubén Darío e Larumbe Danza.
Cartel: Pablo Vargas
Foto: Pablo Salas



