CÍA. SóLODOS
SóLODOS EN DANZA

2022  Sólodos En Danza Costa Rica

Festival Internacional de Danza Contemporánea
Do 19 de novembro ao 3 de decembro de 2022

ESPECTÁCULOS PROGRAMADOS

 

ALLEO / COLECTIVO GLOVO

ESTHER LATORRE E HUGO PEREIRA

ESPAÑA - PORTUGAL

“Alleo se basea na idea da atalaia. Parte do condicionamento da “privilexiada” posición da torre e de quen desempeñaba o papel da vixilancia. Habitamos ambos corpos: o poder que outorgaba o coñecemento do descoñecido e do que estaba por vir así como a soidade desa posición e do peso do descubrimento do alleo. ”

 

Interpretación e Coreografía: Esther Latorre e Hugo Pereira.

Música: All Gone Reunion Gustavo Santaolalla, Alef – Mercan Dede Maat – Sona Jobarteh.

Co apoio de: Galicia Danza Contemporánea, Concello Lugo, INAEM, Acción Cultural Española (AC/E).

 

 

COWARDS / ANGEL DURÁN E YEINNER CHICAS

ESPAÑA - NICARAGUA

“COWARDS (cobardes), é unha peza de danza e teatro físico. Fai referencia á carga sociocultural adquirida para agochar a verdadeira identidade detrás de conductas preestablecidas. Esta proposta expón a dialéctica, xeralmente tóxica e o cautiverio do comportamento contemporáneo. Mediante a presentación de dúas personaxes, aparentemente definidas na estética pero non no seu contido, COWARDS quere provocar e incitar ao espectador.”

 

Dirección Artística e Interpretación: Angel Durán.

Intérprete: Yeinner Chicas e Ángel Durán.

Compositor e produtor musical: Joan Borrás.

Vestiario: Paula Ventura.

Co apoio de: Acción Cultural Española (AC/E).

 

 

EL BRAZO DEL PÉNDULO / CORPÓREOS DE QUEPOS

COSTA RICA

"Ninguén pode dubidar de que as cousas recaen, pero ¿como nos daremos conta de que recaímos se pola mañá estamos tan ben, tan café con leite. Fagamos unha cousa: vostede recae, rehabilítase e eu o observo"

 

Intérpretes: Crislie Villegas, Rolbin Retana, Eddy López e Carlos Ovares.

Coreografía: Carlos Ovares.

Música: Goëtia e Faun Unda.

Textos: Julio Cortázar.

 

 

SOLO SOMOS / JULIA NICOLAU

ESPAÑA

“Solo Somos'' é en certo sentido unha forma de sustentarse no movemento, a articulación e a pausa para comprender o que significa a vellez. O movemento entendido como desexo de rebelarse e de non perecer, de non envellecer. A articulación como algo que se desconecta e tambalea cando a vellez entra polos nosos poros e expulsa xuventude en cada chasquido. A pausa como a espera que nos conduce ao tedio, ao que se estanca e redunda. Unha analoxía entre o corpo novo e o corpo derrengado pola vellez, unha toma de conciencia mediante a composición musical, a coreografía e a palabra.”

 

Coreografía e Interpretación: Julia Nicolau.

Proxecto financiado coas Axudas a Creación Injuve.

 

 

THE RISK PARTY / SWEET CHILLI CIRCUS COMPANY

ESPAÑA - FRANCIA

“Abstraerse da división que existe entre o corpo e o chan, entre o perigo e a danza no aire, ensimismarse cun xiro perpetuo dun trapecio, embebecerse coa infinidade e vastedade dun corpo loitando, voando, danzando, tensando e relaxando sobre a altura, sobre o seu electo que é un, sobre o outro que confía. Eu sobre ti, ti sobre min”.

 

Coreografía e Interpretación: Teresa Magallón e Milki Lee.

 

 

CRÉSSIDA DANZA CONTEMPORÁNEA / MÉXICO

“Obra cun formato atípico, un entramado de historias, realidades que experimentaron os bailaríns na búsqueda de xerar empatía co público que os ve, crear un vínculo emocional e recordar historias comúns, con referencias ao entorno cercano e, desde logo, o carácter do mexicano do presente. A obra busca abordar temáticas persoais que traspasan fronteiras”.

 

Dirección Cressida Danza Contemporánea: Lourdes Luna

Concepto, creación e dirección espectáculo: Roberto Oliván.

Intérpretes: Tomás Reyes, Alhlen Guillermo, Rudit Martínez, Guadalupe Robles e Sofía Rivero.

Produción musical e edición: Manuel Estrella.

Créditos das Fotos: Lisa Torres

Co apoio de: Secretaría de Cultura, programa México en Escena, Conservatorio de Danza de Yucatán.

 

 

BAILE DE MÁSCARAS / TEATRO UNA, ESCUELA DE ARTE ESCÉNICO

COSTA RICA

Trece intérpretes escénicos dan vida a 13 personaxes con máscaras, os cales conviven nun contexto post-apocalíptico como unha tribu nómada que se dedica a ir de lugar en lugar no seu afán por sobrevivir nun mundo que foi destruido polos excesos do mesmo ser humano. Neste constante viaxe, intentan conquistar calquer espazo, calquer territorio e sentar as bases dunha nova comunidade de sobrevivintes. Sen embargo, nestos intentos de convivencia experimentan unha serie de conflictos que os levan novamente a confrontacións entre si, ou sexa a repetir o patrón que levou ao mundo á catarse. ¿Nesta ocasión, serán capaces de sobrevivir? ¿Serán capaces de buscar relacións que lles permitan construirse outra vez como unha sociedade equilibrada, solidaria?…

 

Paulina Bernini, estudante de cuarto nivel da Escuela de Arte Escénico quen é parte do elenco amplía: “Esta manada nómada deixa pegada no seu transitar. Narra historias pasadas nun tempo presente dentro dun contexto futuro, post-apocalíptico, onde mergullarán neste mundo ficticio a quen especte, sen importar idade, locación nin cultura…”

 

Coreógrafo/director: Reinaldo Amién e Mario Blanco Lobo.

Intérpretes: Marjorie María Arce, Paulina Bernini, Daniel Calvo, Brenda Angélica Carrillo, Felipe Garzón, María de Los Ángeles Guzmán, Jorge Mario Retana, Darian Leonardo Ruiz, Natalia Sandí, Silvia Daniela Peña, Andrés Peñaranda, Bryam Josué Guzmán, Valentín Alpízar, Roy Alberto Rodríguez.

Música: Orixinal en vivo composta por Fiorella Hidalgo e Valentín Alpízar.

Fotografía: Esteban Chinchilla e Reinaldo Amién

GLOVO.png
COWARDS.png
CORPOREOS.png
JULIA.png
SWEET CHILI.png
CRESSIDA.png
BAILE DE MASCARAS 1.png
BAILE DE MASCARAS 2.png

 

PROGRAMA

 

19 NOVEMBRO / MUSEO MUNICIPAL DE CARTAGO / CARTAGO

7 pm / Actuación SóLODOS EN DANZA no Museo Municipal de Cartago / Danza no Museo. Entrada Libre. Programa:

- Cowards/ Ángel Durán e Yeinner Chicas

- Solo Somos / Julia Nicolau

- Alleo / Colectivo Glovo

- The Risk Party / Sweet Chilli Circus Company

 

20 NOVEMBRO / SEDE CORPÓREOS DE QUEPOS / PUNTARENAS

2 pm /Obradoiro para nenos e nenas con Teresa Magallón e Milki Lee / “Sweet Chilli Circus Company” no Salón Corpóreos. Lugar de Realización: Sede Corpóreos de Quepos (Lomas de Alvarado antes de Colinas del Este). Actividade realizada en Coordinación con Corpóreos de Quepos.

 

6 pm / Actuación SóLODOS EN DANZA na Sede de Corpóreos de Quepos. Reservas por WhatsApp no número 83633877. Aforo limitado. Lugar de Realización: Sede Corpóreos de Quepos (Lomas de Alvarado antes de Colinas del Este). Actividade realizada en Coordinación con Corpóreos de Quepos. Programa:

- El Brazo del Péndulo / Corpóreos de Quepos

- Cowards/ Ángel Durán e Yeinner Chicas

- Solo Somos / Julia Nicolau

- Alleo / Colectivo Glovo

- The Risk Party / Sweet Chilli Circus Company

 

21 NOVEMBRO / SEDE CORPÓREOS DE QUEPOS / PUNTARENAS

6.30 pm / Obradoiro de Julia Nicolau “Bailar en comunidade” para estudantes profesionais de danza e ballet. Lugar de Realización: Sede Corpóreos de Quepos (Lomas de Alvarado antes de Colinas del Este). Actividade realizada en Coordinación con Corpóreos de Quepos.

 

22 NOVEMBRO / QUEPOS, PUNTARENAS

10 am / Actuación SóLODOS EN DANZA e obradoiro de Ángel Duran “Corpo e identidade” en escola/colexio Quepos, Puntarenas. Actividade realizada en Coordinación con Corpóreos de Quepos.

 

3 pm / Obradoiro de Esther Latorre - Glovo “O Corpo Habitado” e Obradoiro de Teresa Magallón - Sweet Chilli Circus Company” de “Investigación Aéreos”, para estudantes e profesionais de danza e ballet. Lugar de Realización: Sede Corpóreos de Quepos (Lomas de Alvarado antes de Colinas del Este). Actividade realizada en Coordinación con Corpóreos de Quepos.

 

7 pm / Obradoiro de Milki Lee - Sweet Chilli Circus Company, “Psycho & Body” para estudantes e profesionais de danza e ballet. Lugar de Realización: Sede Corpóreos de Quepos (Lomas de Alvarado antes de Colinas del Este). Actividade realizada en Coordinación con Corpóreos de Quepos.

 

23, 24 e 25 NOVEMBRO / TEC SEDE SAN CARLOS - DEVESA / ALAJUELA

Obradoiros e Actuacións. Lugar de Realización: Sede TEC San Carlos - Devesa. Actividades realizadas en Coordinación con TEC San Carlos.

 

25 NOVEMBRO / CENTRO CULTURAL DE ESPAÑA / SAN JOSÉ

3 - 5 pm / Encontro UNHA DÉCADA DE SóLODOS EN DANZA EN COSTA RICA.

Lugar de Realización: Calle 31 Escalante San José, Costa Rica. Actividade realizada en coordinación co Centro Cultural de España.

 

26 NOVEMBRO / ESPAZO SóLODOS CR - NANTAI, HEREDIA

9 am- 5 pm: WORKSHOPS SóLODOS EN DANZA / ARTISTAS INTERNACIONAIS

INSCRICIÓNS: info@solodos.es

Prezo por 5 Clases + Función: 20.000¢

Prezo por 1 clase 5.000¢

 

9 - 10.20 am / JULIA NICOLAU

BAILAR EN COMUNIDADE / CONTACT IMPROVISATION

Iniciaremos cunha breve explicación teórica, sobre o centro de gravidade: O centro en Contact Improvisation. Unha vez comprendida a teoría pasamos á práctica do movemento orixinado no noso centro. Traballaremos sobre a relación centro-chan-corpo-gravidade. Exploramos cómo empuxar o noso corpo para apartalo do chan e así poder chegar á vertical. Buscamos sentir o peso da gravidade e cómo volver a fusionarnos coa superficie do chan. Evolucionamos este sentir do movemento orixinado desde o centro pero cun compañeiro ou compañeira. E continuaremos o resto da sesión con diferentes xogos que nos axuden a achegarnos a ter unha maior confianza no noso corpo e o noso entorno.

 

10.30 - 11.50 am / ÁNGEL DURÁN

FULL MOVEMENT

Exploraremos o movemento dentro do compromiso de todo o corpo. Traballaremos con tarefas de coordinación, asociación e improvisación para guiar o noso sistema a niveis superiores de conciencia e espertar novas posibilidades de movemento e expresión co coñecemento de ferramentas sinxelas. O xogo é unha constante importante para usar a creatividade e atopar novos patróns. Deste xeito xeraremos as nosas propias linguaxes novos. Este traballo implica práctica activa e utilizaremos diferentes ferramentas e principios como alta velocidade e disociacións. Utilizamos o traballo corporal non só para mellorar as nosas posibilidades mecánicas, senon para comprender cáles son os nosos propios patróns e cómo podemos rompelos para atopar outros novos. Buscaremos unha retroalimentación constante a través e dentro da práctica co grupo. Trátase de conectarnos co aquí e agora e cunha presencia plena. Para iso tamén tomaremos consciencia do noso estado emocional e nos guiaremos por patróns teatrais para explorar a intención tras o movemento.

 

1- 2.15 pm / MILKI LEE - SWEET CHILLI CIRCUS COMPANY

PSYCHO & BODY

É un sistema en desenvolvemento e búsqueda constante de danza, entrenamento e escena. Onde se desenvolve unha linguaxe amplia misturada con acrobacia, Breaking, técnicas de chan, danza contemporánea, artes marciais e entrenamento global. Dando aos seus participantes unha forte fisicalidade á maneira de actuar e moverse, combinando con exercicios de laboratorio e búsqueda “Research”. Este curso está especialmente orientado a diferentes bailaríns de diferentes técnicas: Contemporáneo, Contact, Impro, Movers, Circus, Breaking, HipHop Etc. Ademáis de estar aberto a calquer tipo de persoa interesada.

 

1- 2.15 pm e 2.15 - 3.20 pm TERESA MAGALLÓN SWEET CHILLI CIRCUS COMPANY 

INVESTIGACIÓN DE AÉREOS

O obradoiro que se propón é de iniciación e experimentación en aéreos. Impártese técnica básica, subidas, figuras, transicións e arroxes... Á súa vez incentívase a creatividade persoal saíndo da técnica para xogar coa mobilidade corporal e a expresión. Para iso usaranse exercicios de danza improvisación aplicadas ao elemento aéreo. Trabajaranse suspensións, dinámicas, equilibrios…

Este obradoiro ten Prazas Limitadas!!

 

2.15 - 3.20 pm ESTHER LATORRE / COLECTIVO GLOVO

O CORPO HABITADO / CREACIÓN E ENTRENAMENTO CONTEMPORÁNEO

¿Cómo entendemos o corpo?¿Qué ferramentas sensoriais e expresivas posuimos? ¿De qué maneira nos habitamos?. Baixo estas premisas estará plantexado o obradoiro, serán sesións nas que convidamos aos asistentes a mergullarse nas posibilidades corporais e enerxéticas xenuinas de cada quen para poder ampliar o rango de coñecemento de nós mesmos. Partiremos do sentir de cada un, con exercicios de improvisación e entrenamento físico comprendendo desta maneira as posibilidades de alcances do corpo, para poder posteriormente trasladalo á escena.

 

3.30 - 4.50 pm YEINNER CHICAS

CORPO ASIMÉTRICO

Corpo asimétrico é un laboratorio de investigación corporal, que convida a habitar áreas coñecidas ou descoñecidas a través dos piares físico e teóricos; ofrecendo posibles métodos e ferramentas que sirvan para atopar dinámicas e formas cara a investigación de cada individuo.

 

26 NOVEMBRO / ESPAZO SóLODOS CR - NANTAI, HEREDIA

7.30 pm / GALA SóLODOS EN DANZA

Prezos Función: 5.000¢

Programa:

- Cowards/ Ángel Durán e Yeinner Chicas

- Solo Somos / Julia Nicolau

- Alleo / Colectivo Glovo

- The Risk Party / Sweet Chilli Circus Company

 

Clausura do evento: Baile de Máscaras /  Teatro UNA, Escuela de Arte Escénico. Entrada Libre Previa Inscrición en info@solodos.es

 

2 DECEMBRO / ESPAZO SóLODOS CR - NANTAI, HEREDIA

7.30 pm / ACTUACIÓN “LA PRIMERA PIEDRA” - CRÉSSIDA DANZA CONTEMPORÁNEA

Dirección Cressida Danza Contemporánea: Lourdes Luna

Concepto, creación e dirección do espectáculo: Roberto Oliván.

Intérpretes: Tomás Reyes, Alhlen Guillermo, Rudit Martínez, Guadalupe Robles e Sofía Rivero.

Produción musical e edición: Manuel Estrella.

Créditos das Fotos: Lisa Torres

Co apoio de: Cressida Danza Contemporánea, Secretaría de Cultura, programa México en Escena, Conservatorio de Danza de Yucatán.

 

3 DECEMBRO / ESPAZO SóLODOS CR - NANTAI, HEREDIA

3 - 5 pm / WORKSHOP " A RAS DEL PISO"

ALHLEN GUILLERMO / CRÉSSIDA DANZA CONTEMPORÁNEA

Inscricións: info@solodos.es

Disciplina que imparte: Movemento contemporáneo

Oradoiro dirixido a: artistas escénicos, que conten con coñecementos de códigos dancísticos no movemento contemporáneo. (Nivel Intermedio- Avanzado)

Duración do mesmo: 2 horas

“A Ras del Piso” é unha preparación física por medio de impulsos que nos vai levando a unha transformación corporal, mediante a xeneración de movemento instintivo e a búsqueda de volver o silencio unha virtude.

Co apoio de: Cressida Danza Contemporánea, Secretaría de Cultura, programa México en Escena, Conservatorio de Danza de Yucatán.

 

7.30 pm / ACTUACIÓN “LA PRIMERA PIEDRA” - CRÉSSIDA DANZA CONTEMPORÁNEA

Dirección Cressida Danza Contemporánea: Lourdes Luna

Concepto, creación e dirección do espectáculo: Roberto Oliván.

Intérpretes: Tomás Reyes, Alhlen Guillermo, Rudit Martínez, Guadalupe Robles e Sofía Rivero.

Produción musical e edición: Manuel Estrella.

Créditos das Fotos: Lisa Torres

Co apoio de: Cressida Danza Contemporánea, Secretaría de Cultura, programa México en Escena, Conservatorio de Danza de Yucatán.

 

QUÉ É SÓLODOS EN DANZA / COSTA RICA

SóLODOS EN DANZA é un Festival Internacional de Danza Contemporánea que conta cunha programación especializada en obras escénicas de creadores noveles de danza contemporánea, ademáis é unha plataforma cultural de intercambio e cooperación cultural que traballa con diferentes proxectos artístico culturais de Europa e América.

SóLODOS EN DANZA xenera mobilidade e colaboración entre institucións públicas, empresa privada, artistas, festivais de danza, proxectos medioambientais e sociais relacionados coa cultura.

O Festival SóLODOS EN DANZA en Costa Rica que cumple 10 anos nesta edición, está coproducido polo Centro Cultural de España en Costa Rica.

 

SÓLODOS EN DANZA / COSTA RICA / 2022

Dirección artística: Maruxa Salas e Erick Jiménez

Video e documentación gráfica: Pablo Vargas

Produción: Víctor López Carbajales, Manu Lago e Jose Andrés Álvarez Sanou.

Comunicación e redes: Noemí Sánchez - El Pulso de Noemí

Produce: SóLODOS Fundación / Neodans S.C. / Centro de Acopio La Sylvia / Ecoresolva.

Coproduce: Centro Cultural de España en Costa Rica.

Colaboran: Museo Municipal de Cartago, TEC Sede S.Carlos e Corpóreos de Quepos.

Co apoio de: Red Acieloabierto, Tres Hermanos, Certamen Internacional de Coreografía Burgos - New York, Pájaro Mosca, Galicia Danza Contemporánea, Acción Cultural Española, Ayudas Creación INJUVE e INAEM.

TIRA LOGOS.png