2017 Sólodos En Danza Ourense
Festival Internacional de Danza Contemporánea e Certame de Creación de Dúos e Sólos
Auditorio Municipal de Ourense
22, 23 e 24 de novembro de 2017
DIRECCIÓN
Erick Jiménez
Maruxa Salas
ILUMINACIÓN E DIRECCIÓN TÉCNICA
Afonso Castro
PRODUCIÓN, FOTO E VÍDEO
Manu Lago
ORGANIZA
Sólodos e Concellaría de Cultura do Concello de Ourense
PROGRAMACIÓN
22 NOVEMBRO
10H / Workshops para Profesionais - Master Class Physical Endless con Victoria P. Miranda
Lugar: Sala Principal / Auditorio Municipal de Ourense
Horario: 10 - 11.30 horas
Destinado a: Profesionais de Danza
12H / Foro - Presentación do Proxecto Sólodos en Danza
Lugar: Sala Vermella / Auditorio Municipal de Ourense
Horario: 12 - 14 horas
Destinado a: Todos os Públicos
Participan:
Artistas da XIRA a Costa Rica 2017: Paula Quintas / Laura Lliteras e Marina Fullana - UnaiUna / Héctor Plaza e Agnés Sales / Miguel Ángel Punzano - Tejido Conectivo
Director da Compañía Nacional de Danza de Costa Rica: Adrián Figueroa
Festival Trayectos e Red a Cielo Abierto: Natividad Buil
Artista premiada Sólodos En Danza: Victoria P. Miranda
18H / Workhsop Estudantes - Taller Danza Contact con Miguel Ángel Punzano - Tejido Conectivo
Lugar: Sala Apego / Auditorio Municipal de Ourense
Horario: 18 - 19.15 horas
Destinado a: Estudantes de Danza
23 NOVEMBRO
11H / Función Xove - Actuación das Pezas finalistas do Certame de Creación de Dúos e Solos en Danza Contemporánea / Charla cos Artistas / Votación do PREMIO XOVE 2017
Lugar: Sala Principal / Auditorio Municipal de Ourense
Horario: 11 - 12.30 horas
Destinado a: Estudantes de 2º, 3º e 4º de ESO - Actividade realizada en coordinación coa Concellaría de Educación do Concello de Ourense.
16.30H / Workshops para Profesionais - Master Class Corpo Sutil con Miguel Ángel Punzano
Lugar: Sala Apego / Auditorio Municipal de Ourense
Horario: 16.30 - 18 horas
Destinado a: Profesionais de Danza
18H / Workshops para Estudantes - Taller de Danza Urbanas con Agnés Sales e Héctor Plaza
Lugar: Sala Apego / Auditorio Municipal de Ourense
Horario: 18 - 19 horas
Destinado a: Estudantes de Danza
20.30H / Gala SóLODOS EN DANZA
ANALEPSIS / PAULA QUINTAS
Artista convidada na pasada edición do Festival SóLODOS EN DANZA en Costa Rica
Escena retrospectiva. ANALEPSIS, plantexa a historia conectando momentos distintos e trasladando a acción ao pasado. Birelaccional. Corpo-Obxecto.
Música: Alva Noto e Olafur Arnals.
Duración: 13 minutos
EHIZA / AGNÉS SALES e HÉCTOR PLAZA
Premio SóLODOS EN DANZA no Certame Internacional de Coreografía Burgos - New York 2016.
EHIZA é unha loita de poderes, unha persecución constante entre depredador e presa. Un continuo cambio de rol e interacción entre dous corpos. É unha loita onde toman importancia o uso estratéxico da axilidade, a forza, a velocidade.
Música: Johan Johannsson, Trentemoller e Old Apparatus
Duración: 13 minutos
AGUA / CHEY JURADO
Premio SóLODOS EN DANZA no Certame Internacional de Coreografía Burgos - New York 2017
Solo que forma parte da coreografía "Sentinel", que trata sobre os catro elementos primarios da natureza: auga, terra, lume e aire. Neste extracto, centrado na auga, descríbense e interprétanse en clave de danza urbana os diferentes estados, formas ou texturas nas que se presenta esta substancia esencial. Un elemento que, como o movemento, pode ser líquido e adaptable, sólido e ríxido como unha rocha, gaseoso e volátil, que pode fluir, que pode evaporarse, que pode dar vida ou, á súa vez, quitala.
Música orixinal: Diego Garrido
Duración: 14 minutos
ALL INCLUSIVE / LAURA LLITERAS e MARINA FULLANA - UNAiUNA
Artistas premiadas en SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2016
Os “guiris" son aqueles cos que podes cruzarte por un paseo marítimo levando unhas sandalias con calcetíns debaixo e cun tono roxizo de pel. Os guiris son aqueles que veñen cunha ruta preparada por un guiri, que van guiados por un guiri que os leva con outros guiris a ver cousas de guiris. Pero si nós viaxamos fóra: Somos guiris? Teñen os guiris un termo para referirse a nós?
Eles seguen sendo guiris no seu propio país?
Música: Los Pekenikes (Tren Transoceánico a Bucaramanga).
Asistente de coreografía: Raquel Klein
Duración: 15 minutos
AND THATS WHY IM HERE TODAY / VICTORIA P. MIRANDA
Premio SóLODOS EN DANZA no Certame Internacional de Coreografía Burgos - New York 2014
“O real, o imaxinario e o simbólico “ (Jacques Lacan).
“O mundo real é moito máis pequeno que o mundo da imaxinación “(Nietzsche).
En ocasións sínteste tan cheo que pensas que podes con todo. Despois ven o momento de non saber cara onde ir........... E logo, quedas sen aire……."
Tan sinxelo como é!
Sen pensar, sen darlle explicación a todo, chegar e facer!
E por iso estou aquí hoxe!
Música: Pansonic e Digger Barnes
Duración: 15 minutos
24 NOVEMBRO
11H / Workshops para Profesionais - Master Class Korpuz Asma con Mikel Arístegui
Lugar: Sala Principal / Auditorio Municipal de Ourense
Horario: 11 - 12.30 horas
Destinado a: Profesionais de Danza
18H / Workshops para Estudantes - Taller de Danza Contemporánea con Laura Lliteras e Marina Fullana - UnaiUna
Lugar: Sala Apego / Auditorio Municipal de Ourense
Horario: 18 - 19.15 horas
Destinado a: Estudantes de Danza
21.30H / Certame de Creación de Dúos e Solos en Danza Contemporánea
·Apertura do Certame coa coreografía DOSIS, Premio SóLODOS EN DANZA / Ourense / 2016
Creación e Interpretación: Marina Fullana e Laura Lliteras - UnaiUna
Traballo basado na loucura que toda muller ten. Nas relacións e os diferentes estados que vive día a día. Os dous corpos xogan a ser un con dous roles distintos.
Entrelázanse e buscan puntos de inflexión comúns, onde ambas se cruzan meentras recorren o seu camiño persoal. Puntos de relación que acaban sendo aditivos e necesarios, que transforman unha relación nun escape vital para sobrevivir.
·Certame de Creación de Dúos e Solos / Pezas finalistas
DO YOU UNDERSTAND ANYTHING? I TRY... | Creación e Interpretación: Alejandra Balboa
“Do you understand anything? I try... “ ten como estímulo a linguaxe de signos como forma de expresar un conflicto introspectivo que provoca na intérprete a necesidade de cuestionarse cada decisión tomada, derivado da insatisfacción xeral a nivel social e persoal, sen ningún reparo en mostrar a súa indiferencia frente ás opinións do resto.
“Unha mala lectura da situación. A lectura correcta é que sinxelamente non o entendo. En absoluto".
I´M NOT A KID ANYMORE | Creación e Interpretación: Arnau Pérez
Un ser humán expresa a través de si unha idea inicial basada só no seu aspecto superficial. ¿Pero atópse a madurez dentro dese corpo ou é un elemento creado pola percepción externa? ¿Son xa un adulto? Xa non son un neno pero tampouco quero deixar de selo.
QUE NO TE HE DICHO | Creación e Interpretación: Anna Sagrera e Carla López · Colectivo kä | Interpretación: Anna Sagrera e Helena Gispert
Falamos da estreita liña que separa unha relación materno-filial sana e unha relación de sobreprotección, un concepto que queda en entredito por medio de situacións familiares cotiás. "Que no te he dicho" é unha peza de danza con toques de teatro que comenza de maneira reflexiva. Poñemos en escea as dúbidas dunha nai primeiriza presentando o personaxe e escoitanto un texto claro e directo. Divertímonos ao coñecer o personaxe da filla que devolve á infancia aos maiores e fai rir aos máis pequenos. Viaxamos na evolución da nena pasando por escenas cotiás, como tomar o almorzo, e chegando á vergoña allea que a todos nos chegou cando nosos pais nos deixan en evidencia.
LAS VACACIONES MÁS LARGAS | Creación e Interpretación: Diego M. Buceta
Igual que Allen soñaba con Rockland e cunha longa viaxe por mar ata a porta da súa casa de campo na noite de Occidente, eu soño con chegar despois dunha longa travesía ata esa paisaxe rocosa onde xa non sona máis que o zumbar do vento. Un saco de osos que vaga arrastrado como un cadáver vivo e que busca elevarse e desaparecer, misturándose co polvo e as estrelas. E así deixar de ser algo. E así ser felizmente parte de todo.
OMNIA Y QUIMERA | Creación: Irene García-La Quebrá
Interpretación: Irene Garcia e Raquel Santacruz
Xogamos a encher o baleiro que queda entre dous corpos distantes, unha quimera porque quizáis no poidan xa nin tocarse pero o espazo que queda entre eles está cheo de xogos, de ilusións, de fantasía, de brillo, de soños... ese espazo está cheo do espírito xove do que un día foi... "Libertas perfundet OMNIA luce" (a libertade enche todo de luz).
ON | Creación e Interpretación: Alba Fernández Cotelo - Cía Exire
De repente, un so dedo acende cada parte do meu corpo. A súa enerxía leva as miñas vísceras a experimentar unha sacudida tan potente como a forza mínima que provoca violentos furacáns. Son os xestos sutís que envolven a atmósfera de caricias e enerxía vital. Convídote a que entres no meu corpo sen ter compasión. Entras e percorres, observas, explosionas. Ven, ven... Mece o meu corpo, para que se mueva diferente, e me transporte a outro lugar.
·Acción Participativa e Votación do Premio do Público conducida por Mikel Arístegui - “NÓS TAMÉN”
O bailarín e coreógrafo M. Arístegui animará unha acción participativa relacionada coas pezas representadas e a votación do novo “Premio do Publico“. Para iso fará falta vontade e quitarse os medos para subir ao escenario ademáis dunha dose de humor. As imaxes máis impactantes, a idea xeral da peza, os roles masculino/feminino e a combinación da música, vestiario e luces serán puntos de referencia para esta acción participativa ao mesmo tempo que criterios para a votación do público.
·Entrega de Premios
Premio SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2017: Alba Fernández Cotelo por ON
Premio do Público: Alba Fernández Cotelo por ON
Premio Xove: Arnau Pérez por I'm not a kid anymore