top of page

Festival Internacional de Danza Contemporánea 

2021  Sólodos En Danza Galicia

Festival expandido en Agosto e Decembro de 2021​

​

SóLODOS EN DANZA é un festival internacional de danza contemporánea e un concurso coreográfico Iberoamericano, que promove o intercambio cultural entre continentes. Celébrase en América desde fai 8 anos e realizarase de forma expandida en Galicia no 2021, celebración do seu quinto aniversario.

​

​

PROGRAMA  DECEMBRO

18 DE DECEMBRO / 20h / CIDADE DA CULTURA / SANTIAGO DE COMPOSTELA

Gala 5 anos de Sólodos en Danza en España

Entradas

​

Participan:

·UnaiUna / Cataluña · Baleres

·Alba Fernández Cotelo · Cía Exire / Galicia

·Arnau Pérez / Cataluña

·Violeta Iriberri y Raúl Lorenzo / Andalucía · Cataluña

·Angel Garcés / Gran Canaria - Madrid

​

​

DOSIS

COMPAÑÍA UNAIUNA

Cataluña - Baleares

 

Peza gañadora da edición Sólodos En Danza 2016 con xira a Costa Rica.

​

Coreografía: Unaiuna (Marina Fullana e Laura Lliteras)

Interpretación: Marina Fullana e Laura Lliteras.

Música: Immigrasons e Fritz Kreisler-Liebesleid

​

Loucura, estado de ánimo que te priva da razón ou do bo xuizo. Nós xogamos no limbo da cordura. Ese lugar onde podes inhibirte dos pensamentos alleos que te rodean, e incluso do que ti mesma pensas. A esa relación engádese o xogo de relacionarse con unha mesma e coa outra persoa totalmente diferente.

 

Coreografía basada na loucura que toda muller ten. Nas relacións e diferentes estados que vive. Os corpos xogan a ser un con dous roles distintos, entrelázanse e buscan puntos de inflexión comúns onde ambas se cruzan mentres recorren o seu camiño persoal. Puntos de relación que rematan sendo aditivos e necesarios, que transforman unha relación vital nun escape para sobrevivir.

​

​

SINGLE

ARNAU PÉREZ

Cataluña

 

Compañía gañadora do Premio Xove da edición SóLODOS EN DANZA 2017 coa súa peza I’m not a kid anymore. Gañador do Premio SóLODOS no Certame Coreográfico Internacional Burgos - New York 2018 con xira a Costa Rica.

 

Coreografía e interpretación: Arnau Pérez

Dramaturxia: Sara Reyes.

 

Na música, o single é un formato de vinilo utilizado para distribución comercial que contiña a canción ou cancións de éxito dun LP. Enfatizouse esa singularidade e o termo estableceuse como un escaparate persoal, destacando a individualidade no mainstream. Nos acostumamos a asociar o éxito ou o logro coa individualidade establecéndonos nun desenvolvemento que xurde da búsqueda persoal e propia. Agora mesmo estamos rodeados de xente, pero ¿non estamos sós?

​

​

ON

ALBA FERNÁNDEZ COTELO · CÍA EXIRE

Galicia

 

Compañía gañadora da edición SóLODOS EN DANZA 2017 con xira a Costa Rica e Premio do Público. 

​

Dirección, creación e Interpretación: Alba Fernández

Fotografía e vídeo: Raquel Castro

Asesoramento artístico: Bárbara Monteagudo e Carmen Cotelo.

Produción e Distribución: Artestudio Xestión Cultural 

​

De súpeto, un só dedo acende cada parte do meu corpo. A súa enerxía leva ás miñas vísceras a experimentar unha sacudida tan potente como a forza mínima que provoca violentos furacáns. Son os xestos sutís que envolven a atmosfera de caricias e enerxía vital.

 

Invítote a que entres no meu corpo sen ter compaixón. Entras e percorres, observas, explosionas. Ven, ven... Mece o meu corpo, para que se mova diferente, e me transporte a outro lugar.

​

​

ESE PÁJARO NO PUEDE ESTAR EN ESTA PLAZA

VIOLETA IRIBERRI

Cataluña - Andalucía

 

Peza gañadora do premio SóLODOS EN DANZA 2019 con xira a Costa Rica.

​

Interpretación: Raúl Lorenzo e Margarita de las Heras.

Coreografía: Violeta Iriberri.

Música; W. A. Mozart e Marcos Tawil.

Mirada externa: Cecilia Colacrai e Juan Carlos Lérida. 

​

Dúas personaxes baixo unha trama absurda cun paxaro inexistente, que nos sitúan como espectadores na observación do conflicto que as remove. Unha historia conectada mediante insinuacións e medias palabras cantadas, onde se sospeita que algo as axita. Dúas personaxes esaxeradas baixo o drama e a anécdota desmedida, o exceso e a sutileza, que poñen ás a este alboroto da rúa.

​

​

VAMOS

ÁNGEL GARCÉS

Canarias - Madrid

 

Peza finalista da edición SóLODOS EN DANZA 2020.

 

Creación e Interpretación: Ángel Garcés

Música orixinal : Javier Martínez

Fotografía:  Claudia Herrán

Dirección artística:  Ariel Déniz-Robaina

Agradecementos:  Centro Coreográfico Canal; Sara Sánchez / Wi Team

​

“Son manías que teño desde os seis, sete anos. Cousas que vas facendo inconscientemente porque estás inmerso dentro da túa burbulla... vas collendo esos rituais estúpidos para ter a sensación de estar centrado nalgo." Rafael Nadal

​

 

​

​

ESPACIOS Y DANZA. SóLODOS EN LA CIDADE DA CULTURA. 

Por Afonso Becerra para Artezblai

​

A GALA DE SóLODOS EN DANZA NA CATEDRAL DO GAIÁS. Por Ánxela Doval para Erregueté

FOTOS CIA UNAIUNA 2.jpg
Captura de pantalla 2021-11-10 a las 9.20.02.png
ON 3 Raquel Castro.jpg
ESE PAJARO 4555_0071 DEF.JPG
ANGEL-82.jpg

 

​

​

​

PROGRAMA AGOSTO

14 DE AGOSTO / 19.30h / NIÑODAGUIA / CONCELLO DE XUNQUEIRA DE ESPADANEDO / OURENSE

En el marco del VII Encuentro Internacional de Cacharreiros Niñodaguia / Concello de Xunqueira de Espadanedo, Ourense

 

Participan:

·Maruxa Salas y Erick Jiménez de SóLODOS

·Ico Rafael de O SONORO

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

SÓLODOS EN DANZA / ESPAÑA / 2021

​

DIRECCIÓN

Maruxa Salas

Erick Jiménez

​

PRODUCCIÓN

Maruxa Salas

Víctor López Carbajales

Manu Lago

​

FOTOS

Miguel Gendre

Manuel G. Vicente

​

VÍDEO

Rafa Martínez

 

REDES SOCIALES Y COMUNICACIÓN

Noemí Sánchez Cárdenas

​

PATROCINAN

INAEM y Deputación de Ourense

 

COLABORAN

Cidade da Cultura de Galicia - Xacobeo 21-22 - Xunta de Galicia, Concello de Xunqueira de Espadanedo,  Galicia Danza Contemporánea y Pablo Salas Fotografía.

​

​

CARTEL OU 2021 niñodaguia 2 copia.jpg
Captura de pantalla 2021-12-01 a las 13.01.52.png
bottom of page