top of page

DANZA NO CAMIÑO é un proxecto coreográfico que propón unha visión do noso Patrimonio a través da arte, da danza e da música, dos seus intérpretes e compositores, tendo como principal motor de inspiración o Camiño de Santiago ó seu paso por  Galicia.

 

O proxecto que aquí se presenta como DANZA NO CAMIÑO é a extensión en Galicia dun programa realizado en Castilla y León desde 2019 denominado Danza en el Camino. En moi pouco tempo este programa soubo facerse un referente valioso no panorama Español en canto a eventos de Danza na rúa se refire.

 

Entra na Comunidade de Galicia en tres localidades: Santiago de Compostela, Portomarín e Sarria.

​

O enorme potencial que encerra a Ruta Xacobea é a impulsora deste éxito que, xunto á Danza, establece un vínculo exemplar, unha amalgama artística que serve de catalizador para que outras Autonomías anexas ao Camiño de Santiago queiran tamén disfrutar deste gran espectáculo.​​

​

Danza no Camiño 2025 en Galicia:

​16 de xullo- 20.30h. Rúa Maior de Sarria (Lugo)

17 de xullo- 20.00h: Praza da Igrexa de Portomorín (Lugo). Compañía convidada Marcia Vázquez co espectáculo Onde pousa a humidade.

18 de xullo - 20.00h: Praza de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela (A Coruña). Compañía convidada Marcia Vázquez co espectáculo Onde pousa a humidade.

​

Danza no Camiño 2024 en Galicia:

18 de xullo- 21:00h: Praza do Camiño. Portomarín. Compañía convidada Daniel Rodríguez con espectáculo A raíz de.

19 de xullo- 20:00h: Praza de San Martiño Pinario. Santiago de Compostela. Compañía convidada Daniel Rodríguez con espectáculo A raíz de.

​

Danza no Camiño 2023 en Galicia:

19 de xullo - 21:00h: Praza da vila. Sarria

20 de xullo - 21:00h: Praza do Camiño. Portomarín

21 de jxullo - 20:00h: Praza de San Martiño Pinario. Santiago de Compostela. Compañía convidada iXa co especdtáculo Ollos cara adentro.

​

Danza no Camiño 2022 en Galicia:

20 de xullo - 21:30h: Praza da vila. Sarria

21 de xullo - 21:00h: Praza do Camiño. Portomarín

22 de xullo - 20:00h: Praza de San Martiño Pinario. Santiago de Compostela

​

‘Danza no Camino’ está dirixido polo coreógrafo Alberto Estébanez e organizado pola Junta de Castilla y León. O seu paso por Galicia está producido por SóLODOS e patrocinado pola Xunta de Galicia.

​

​

​

Captura de pantalla 2024-07-03 114156.png
Captura de pantalla 2024-07-03 114208.png
Captura de pantalla 2022-07-18 a las 10.02.45.png
Captura de pantalla 2022-07-18 a las 10.02.52.png
bottom of page