2020 Sólodos En Danza Ourense
Festival Internacional de Danza Contemporánea e Certame de Creación de Dúos e Sólos
Online 3, 4 e 5 de Decembro de 2020
SóLODOS EN DANZA é un festival internacional de danza contemporánea e un concurso coreográfico Iberoamericano, que promove o intercambio cultural entre continentes. Celébrase en América desde fai 8 anos e realizarase por quinta vez na cidade de Ourense. Os días 3, 4 e 5 de decembro disfrutaremos da final do Certame coa programación de distintas obras finalistas e artistas e compañías convidadas. A obra ganadora recibirá o premio SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2020 e realizará unha xira por varias plataformas, festivais e residencias artísticas latinoamericanas.
PROGRAMA en Facebook Live
PROGRAMA 3 DECEMBRO
21h Esp - 2pm CR / APERTURA FESTIVAL
RECORDANDO SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2019
PROXECCIÓN DE VIDEO RESUMO DA PASADA EDICIÓN
PRESENTACIÓN FINALISTAS 2020
THE LESSON / GUILLEM JIMÉNEZ - laSADCUM / ALMERÍA - BARCELONA
VAMOS / ÁNGEL GARCÉS / MADRID
NIKS / ALFONSO FERNÁNDEZ / BARCELONA
VERTEBRATA / ALEJANDRA BALBOA / PONTEVEDRA
THE BEAUTY OF IT / ÁNGEL DURÁN / BARCELONA
QUIRAL-1,5m / ROCÍO BARRIGA y LUNA SÁNCHEZ - CÍA LA BASAL / CÁDIZ - SEVILLA
ESE PÁJARO NO PUEDE ESTAR EN ESTA PLAZA
VIOLETA IRIBERRI / INTERPRETACIÓN: VIOLETA IRIBERRI e RAÚL LORENZO
COREOGRAFÍA GAÑADORA DE SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2019
Coreografía: Violeta Iriberri
Interpretación: Raúl Lorenzo e Violeta Iriberri
Ese pájaro no puede estar en esta plaza arrástranos ao mundo desbordado de dúas personaxes, baixo unha trama absurda cun paxaro inexistente, que nos sitúan como espectadores na observación do conflicto que os remove. Unha historia conectada mediante insinuacións e medias palabras cantadas, onde se sospeita que algo os axita e revolotea. Dúas personaxes exageradas y cheas de aspaventos, baixo o drama e a anécdota desmedida, o exceso e a sutileza, que poñen ás a este alboroto.
Transmitido en Facebook
PROGRAMA 4 DECEMBRO
20h Esp - 1pm CR / FORO GAÑADORES EDICIÓNS ANTERIORES
Convidados: Marina Fullana e Laura Lliteras - UnaiUna, Alba Fernández Cotelo, Nacho Cárcaba, Violeta Iriberri e Raúl Lorenzo, Natividad Buil - Coordinación Red Acieloabierto e Festival Trayectos, España- e Victoria P. Miranda -Bailarina e Coreógrafa, España-.
Transmitido en Facebook
21h Esp - 2 pm CR / GALA SóLODOS EN DANZA
ACOSTUMBRADAS / PEACE OF MIND / ARAGÓN
Coreografía e interpretación: Paula Pérez Pinilla e Carmina Gimeno Latas
Temos unha identidade pero... ¿nace ou faise?
Escollemos aquelo que nos atrae e tratamos de adquirirlo como costume.
Deste xeito nos identificaremos con todo aquelo que responda ante esas formas determinadas. ¿Que pasa cando nos invaden novas influencias? Podemos soltar as nosas raíces para afondar nos novos descubrimentos, ou darnos conta de que non nos sentimos identificadas e volver con maior firmeza ao punto de partida. De calquer modo a nosa identidade quedará amplificada.
EFECTO SIAM / COLECTIVO SIN PAR / ANDALUCÍA
Coreografía e intérpretación: Lara Misó e Wilma Puentes
Con “ Efecto Siam” queremos explorar o concepto da unión física entre dúas persoas, tal e como ocorre cos siameses. Indagar así , a través dun debate mudo, na permisividade do movemento con esta restricción e implicando o lado emocional que isto podería conlevar. Comunicarnos a través de contrasinais kinestésicas e enfatizando na dependencia inherente de dous seres humáns que chegaron ao mundo dentro da mesma pel.
YOUNG BLOOD / ARNAU PÉREZ / CATALUÑA / RED ACIELOABIERTO
Coreógrafo: Arnau Pérez.
Intérpretes: Maddi Ruiz de Loizaga, Adrián Manzano e Arnau Pérez.
“Young Blood, we see you”. Somos esta xración de novos con enerxía, creatividade e implicación para desenvolver novos camiños pero que se ve truncada polo talante desta sociedade. Temos moito que dicir e reivindicar en cada lugar. Estades véndonos. Estamos preparados, pero… ¿estádelo vós?.
Transmitido en Facebook
PROGRAMA 5 DECEMBRO
20h Esp - 1 pm CR / FORO XIRA COSTA RICA
ARTISTAS QUE REALIZARON XIRA 2019 (Carla Segovia, Guillermo Aguilar, Nacho Cárcaba, Arnau Pérez de la Fuente, Thomas Guirau) + ESTRUTURAS EN COSTA RICA QUE ACOLLEN ARTISTAS DE SóLODOS (Noidy Salazar y Óscar Chanis -Departamento de Vida Estudiantil e Servizos Académicos DEVESA, Costa Rica
- e Carlos Ovares -Director Corpóreos de Quepos, Costa Rica)
Transmitido en Facebook
21h Esp - 2 pm CR / CERTAME SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2020
GUILLEM JIMÉNEZ - laSADCUM / THE LESSON / ALMERÍA - BARCELONA
“A través de mecanismos de apropiación e collage, THE LESSON funciona como un 'found footage' coreográfico que pensa o noso comportamento na era postinternet.“
Coreografía: Guillem Jiménez
Interpretación: Laia Camps e Guillem Jiménez
Produción: TKM Room / Maricxs Marci's
ÁNGEL GARCÉS / VAMOS / MADRID
“VAMOS” é unha peza nacida desde un referente moi claro, pero un ano despois o referente casi que son eu mesmo. Empezou como unha tontería co meu amigo Chey Jurado, simplemente ensináballe como imitaba as manías de Nadal. Así que, todo parte de aí, das manías, tan tolas, de Rafa Nadal antes de cada saque. É un proceso de descubrimento e un reto persoal onde rompín con barreiras mentais que me impedían o desenvolvemento dunha creación artística.
Coreografía e interpretación: Ángel Garcés
Música Orixinal: Javier Martínez
Vestiario: Sara Sánchez
Ollo Externo: Arnau Pérez, Chey Jurado e Sara Sánchez
ROCÍO BARRIGA e LUNA SÁNCHEZ - CÍA LA BASAL / QUIRAL-1,5m / CÁDIZ - SEVILLA
Quiral -1,5m- é unha proposta coreográfica que busca distintas personalidades dentro dun mesmo ser. Como sería convivir con elas, como sería descubrir que o que parecía idéntico e afín a ti, pode chegar a converterse no teu maior adversario. Deste xeito dous corpos constrúen unha sólida unidade, comparten espazo e tempo e únense a través das mans, a “zona vermella”, algo ao que o ollo se desacostumou nesta nova normalidade.
Coreografía e interpretación: Rocío Barriga e Luna Sánchez
ALEJANDRA BALBOA / VERTEBRATA / PONTEVEDRA
Investigando co coreógrafo Luis Marrafa, nace Vertebrata. Unha viaxe emocional na que o corpo é movido polo ruido que o habita. Éste atópase coa dificultade de controlar os seus impulsos internos, intentando descifralos e incluso dominalos. Un vaivén entre a leve asfixia do intento e a pesada carga da debilidade.
É a expresión dun animal que exterioriza a través do movemento, os diferentes estados da súa materia.
Coreografía e interpretación: Alejandra Balboa
ÁNGEL DURÁN / THE BEAUTY OF IT / BARCELONA
The Beauty of It é un solo de danza contemporánea que nos fala da fraxilidade da persoa e que nos ofrece unha reflexión sobre a autenticidade das accións ou as personaxes que un mesmo crea.
É real todo o que experimentamos? ¿Cal é a diferencia entre actuar e comportarse tal e como somos? Esta dicotomía nunha persoa fai que ás veces non poidamos chegar a diferenciar que é a realidade e que é o soño.
Coreografía e interpretación: Ángel Durán
ALFONSO FERNÁNDEZ / NIKS / BARCELONA
Ao afirmar que o corpo é o sitio principal de opresión na sociedade occidental, os colaboradores deste volume pionero exploran o complexo tema da encarnación e como se relaciona coa inclusión social e a marxinación. Nunha cultura onde os corpos de persoas que son morenas, negras, mulleres, transxénero, discapacitadas, gordas ou queer a miúdo son avergonzadas, sexualizadas, ignoradas e oprimidas. ¿Que significa vivir nun corpo marxinado?
Coreografía: Alfonso Fernández
Interpretación: Marta Jaén García e Alfonso Fernández.
23h Esp - 4 pm CR / ENTREGA PREMIOS SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2020
Premio Sólodos En Danza / Ourense / 2020
La coreografía gañadora realizará unha Xira por Costa Rica no 2021.
ÁNGEL DURÁN / THE BEAUTY OF IT / BARCELONA
Premio Certame Coreográfico de Madrid
O Certame Coreográfico de Madrid programará unha das pezas finalistas de Sólodos En Danza Ourense 2020, froito de la colaboración entre os dous certames, o día 9 de decembro de 2020 no Teatro do Centro de Creación Contemporánea Conde Duque, Madrid.
ÁNGEL GARCÉS / VAMOS / MADRID
Premio Certame Internacional de Coreografía Burgos - New York
O Certame Internacional de Coreografía Burgos New York seleccionará unha das pezas finalistas de Sólodos En Danza Ourense 2020, para pasar directamente á semifinal do seu Certame na súa 20 celebración que se realizará no verán de 2021. Este premio é froito da colaboración entre os dous certames.
ALFONSO FERNÁNDEZ / NIKS / BARCELONA
SÓLODOS EN DANZA / OURENSE / 2020
DIRECCIÓN
Maruxa Salas
Erick Jiménez
PRODUCIÓN
Maruxa Salas
Víctor López Carbajales
Manu Lago
REDES SOCIAIS E COMUNICACIÓN
Noemí Sánchez Cárdenas
ORGANIZA
Sólodos e Concellaría de Cultura del Concello de Ourense
PATROCINAN
Concello de Ourense e INAEM
COLABORAN
Concellaría de Cultura, Auditorio Municipal de Ourense, Concellaría de Educación, Oficina de Turismo - Concello de Ourense, Trayectos Zaragoza, Red Acieloabierto, Certamen Coreográfico Burgos - NY, Pasoa2, Galicia Danza Contemporánea e Pablo Salas Fotografía.