
Espazo de Creación e Investigación SóLODOS CR
Desde a plataforma cultural, social e ambiental SóLODOS queremos compartir un espazo para o desenvolvemento da arte escénica contemporánea.
·Xenerar un lugar para o estudo, desenvolvemento do pensamento e a creatividade.
·Un espazo que facilite a mobilidade artística internacional, local e rexional.
·Un lugar onde se promova a experimentación, en colaboración coa comunidade artística local e internacional.
·Un espazo para xenerar e intercambiar, mobilizar ideas, proxectos entre institucións, axentes socioculturais, artistas, pedagogos, deportistas, investigadores.
O Espazo de Creación e Investigación SóLODOS desenvólvese nun contexto próximo á natureza, atópase ubicado en San Pablo de Barva de Heredia, Costa Rica. Ademáis está situado nas proximidades dos Parques Nacionais Volcán Barva e Volcán Poás, que sen dúbida aportan as condicións óptimas para procesos creativos e de investigación.
O pobo de Barva de Heredia é onde se realiza anualmente o Festival Internacional SóLODOS EN DANZA, proxecto que xunto con este novo espazo, pretende potenciar acontecementos culturais e provocar unha mobilización de creadores, pensadores, investigadores, xestores, intérpretes, mestres, persoas interesadas na cultura, a arte social e o medio ambiente.
Ademáis o Espazo de Creación e Investigación SóLODOS está colindando cun dos maiores centros de recuperación de materiais para a reciclaxe en Centroamérica: oCentro de Acopio “La Sylvia”. Empresa colaboradora do proxecto.
A aula-espazo para a investigación e traballo escénico, fortalece a rede internacional de colaboracións que organiza SóLODOS cos seus diferentes proxectos de mediación cultural. É unha ferramenta internacional para o desenvolvemento da cultura, que mellora a calidade de vida das persoas. O proxecto utiliza unha serie de estratexias de xestión cultural entre os seus colaboradores para dar visibilidade aos proxectos que acontecen neste espazo.


SóLODOS ofrece:
Estudo de Danza
· Espazo de traballo, 15 m x 13 m / 100 m2. con chan de Danza e baño completo.
· Piso de linóleo
· Piso de caucho
· Equipo de son
. Xardín¡s
. Piscina
Espazo de residencias artísticas
Habitacións:
· Espazo de habitacións en espazo compartido: 60 m2
. Habitación individual con baño privado
Cociña:
· Área de cociña común
Outros servizos:
. Área de lavandería común
· Xardíns 3000 m2.
. Servizo de cociña Costarricense (baixo acordo cos residentes)