top of page

Festival Internacional de Danza Contemporánea e Certame de Creación de Dúos e Sólos

2019  Sólodos En Danza Ourense

Auditorio Municipal de Ourense

   21, 22 e 23 de novembro de 2019 (24 de novembro extensión programa de formación en A Coruña)

SóLODOS EN DANZA é un festival internacional de danza contemporánea e un concurso coreográfico Iberoamericano, que promove o intercambio cultural entre continentes. Celébrase en América desde fai 7 anos e realizarase por cuarta vez na cidade de Ourense. Os días 21 e 22 de novembro disfrutaremos das dúas Semifinales do Certame coa programación de distintas obras. O día 23 de novembro celebrarase a Final do Certame de Creación de Dúos e Solos. A obra ganadora recibirá o premio SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2019 e realizará unha xira por varias plataformas, festivais e residencias artísticas latinoamericanas.

PROGRAMA COMPLETO:

21 NOVEMBRO · XOVES

10.00 - 11.00 h /  Clase de Danza Contemporánea e Movemento para Público Xeral, a partir de 45 anos

Imparten: Nacho Cárcaba / Erick Jiménez | Lugar: Sala Apego - Auditorio Municipal de Ourense

 

11.00 - 12.30 hFunción Escolar 1ª Semifinal + Charla co público / Sala Principal:

·Función das 5 pezas semifinalistas para público infantil e xuvenil.

·Charla: Ao finalizar o espectáculo haberá unha charla cos artistas. 

·Votación: Os estudiantes votarán a súa coreografía preferida. A peza ganadora tras a votación das dúas funcións escolares recibirá o Premio Xove 2019 que se entregará o día 23.

Actividade realizada en coordinación coa Concellería de Educación Concello de Ourense.

 

17.00 - 18.15 h /  Clase de Danza Contemporánea  para Profesionais de Danza e Artes do Movemento

Imparte: Nacho Cárcaba | Lugar: Sala Apego - Auditorio Municipal de Ourense

 

18.30 - 19.45 h /  Clase de Danza Contemporánea  para Estudantes de  Escolas de Danza

Imparte: NAcho Cárcaba | Lugar: Sala Apego - Auditorio Municipal de Ourense

 

20.30 h /  Función 1ª Semifinal / Sala Principal

 

 

 

22 NOVEMBRO · VENRES

10.00 - 11.00 h /  Clase de Danza Contemporánea e Movemento para Público Xeral, a partir de 45 anos

Imparten: Nacho Cárcaba / Erick Jiménez | Lugar: Sala Apego - Auditorio Municipal de Ourense

 

11.00 - 12.30 h Función Escolar 2ª Semifinal + Charla co público / Sala Principal:

·Función das 5 pezas semifinalistas para público infantil e xuvenil.

·Charla: Ao finalizar o espectáculo haberá unha charla cos artistas. 

·Votación: Os estudiantes votarán a súa coreografía preferida. A peza ganadora tras a votación das dúas funcións escolares recibirá o Premio Xove  2019 que se entregará o día 23.

Actividade realizada en coordinación coa Concellería de Educación Concello de Ourense.

 

17.00 - 18.15 h /  Clase de Danza Contemporánea epara Profesionais de Danza e Artes do Movemento

Imparte: Mikel Aristegui | Lugar: Sala Apego - Auditorio Municipal de Ourense

 

18.30 - 19.45 h /  Clase de Danza Contemporánea  para Estudantes de Escolas de Danza

Imparte: Mikel Aristegui | Lugar: Sala Apego - Auditorio Municipal de Ourense

 

20.30 h /  Función 2ª Semifinal / Sala Principal

 

 

 

23 NOVEMBRO · SÁBADO

10.00h - 11.30h / Clase de Danza Contemporánea  para Profesionais de Danza e Artes do Movemento

Imparte: Mikel Artistegui | Lugar: Sala Principal - Auditorio Municipal de Ourense

 

10.00h - 11.30h / Clase de Danza Contemporánea para Estudantes de Escolas de Danza

Imparte: Milki Lee | Lugar: Sala Apego - Auditorio Municipal de Ourense

 

12.00 - 14.00 h / Foro SóLODOS / Sala Vermella

Interveñen: Erick Jiménez de Sólodos (Costa Rica - Ourense), Natividad Buil do Festival Trayectos de Zaragoza e Red A  Cielo Abierto (Rede de Festivais de Danza Contemporánea en espazos non convencionais de España), Nacho Cárcaba (ganador de SóLODOS En Danza Ourense 2018 con Xira a Costa Rica) e Víctor López Carbajales (Xestor Cultural).

 

17.00h - 18.15 h / Clase de Danza Contemporánea para Profesionais de Danza e Artes do Movemento*

Imparte: Victoria P. Miranda | Lugar: Sala Apego - Auditorio Municipal de Ourense

18.30h - 19.45 h / Clase de Danza Contemporánea  para Estudantes de Escolas de Danza

Imparte: Mikel Aristegui | Lugar: Sala Apego - Auditorio Municipal de Ourense

 

20.30 h / Certame de Creación de Dúos e Solos e compañías convidadas / Sala Principal:

·Certame, dúos e solos en danza contemporánea seleccionadas nas dúas semifinais previas.

·Descanso 10 min. Votación Premio do Público.

·Actuación Artistas convidados: 

 

TIEMPO / Nacho Cárcaba / Asturias / Ganador SóLODOS En Danza / Ourense / 2018 con Premio Xira Costa Rica 

Intérprete e coreografía: Nacho Cárcaba

Tempo, habitando na pel, nos ósos, naquelo que se move duns a outros, habitando na súa pel, nos seus ósos, naquelo que os move, a uns e a outros,… descubrir un momento mentres outros empezan a correr en busca do seu tempo, que habitará a súa pel, os seus ósos e moverase... duns a outros.

 

EL PESO DEL ORO / Milki Lee / Aragón

Intérprete y coreografía: Milki Lee | Vision Externa: Teresa Magallón.

Peza basada en imaxes do poemario “Alfabeto” de Inger Chrisrtensen. Os seus versos fan nudos na miña pel e gorxa. Deles e o seu resonar na miña cabeza naceu a canción que dá título e conexión á peza entre os seus poemas e a danza.

 

ROJO / Victoria P. Miranda / Madrid

Idea, coreografia e interpretación: Victoria P. Miranda | Asistente de coreografía: Carmen Werner  | Vestuario: Matías Zanotti y Victoria P. Miranda

ROJO é un proxecto que plantexa o corpo como primeiro terreo de encontro con nós, co mundo, como espazo de pensamento, produtor de unidades de sensación, de conceptos, de pracer, os nosos corpos no caos, os nosos corpos coma pontes, reflexionando sobre os nosos contextos, interésame atoparme na diferenza, no desacordo, no disonante, devir a creación desde o corpo, desde o movemento vital.

 

·Entrega de premios:

Premio SóLODOS En Danza Ourense 2019 con Xira a Costa Rica

Premio Xove

Premio do Público

Premio Semifinalista no Certamen Internacional de Coreografía Burgos - New York 2020

 

 

 

24 DE NOVEMBRO · DOMINGO · EXTENSIÓN PROGRAMA DE FORMACIÓN EN A CORUÑA

Nesta edición o espazo Laboratorio Escénico Coop. de A Coruña acolle unha extensión do programa de formación de  Sólodos En Danza Ourense 2019 con 6 horas de formación o 24 de novembro a cargo de Victoria P. Miranda, Milki Lee e  Nacho Cárcaba.

Info e inscricións extensión A Coruña: formacion@laboratorioescenicocoop.com | 881 30 59 70

 

 

Certame de Creación de Dúos e Solos / PEZAS SEMIFINALISTAS

 

1ª Semifinal

DESAPARECER EN TRES ACTOS / Julia Nicolau / Madrid 

Coreografía e intérprete: Julia Nicolau

Desaparecer en tres actos é o resultado final dun proceso exploratorio sobre a desaparición do corpo a través do movemento. Substéntase en tres conceptos que, ao meu entender, me achegan á des-subxectivación e o silenzo que supón a desaparición. A espera: aquela que nos conduce ao tedio, ao que se estanca e redunda. A ausencia  do outro; o baleiro provocado pola desaparición da outredade. E A felicidade, momento no que os meus pés deixan de tocar a terra e casi podo sentir que voo.

 

11.11 / Rocío Suárez / Cataluña 

Coreografía: Rocío Suárez | Intérpretes: Rocío Suárez e Ignacio Jiménez

“11:11” é un dúo que danza sobre a igualdade mentres bailamos. Unha igualdade ficticia, xa que é imposible que dúas persoas sexan iguais, ben por razóns físicas, pero tamén por motivos circunstanciais, como son o espazo e o tempo. E, a pesar da súa imposibilidade, esta coreografía segue propoñendo intencionadamente, así como azarosamente, a situación máis semellante posible entre ambos corpos danzantes.

 

MIÑAXOIA / Clara Ferrao  / Galicia 

Coreografía e interpretación: Clara Ferrao | Dirección: Maximiliano Sandford

Un corpo, unha vibración, un estralo, unha fractura. Non me destrúe. Esta situación non se ten en conta, e eu, miñaxoia, confío en que isto vai mudar. Ás veces todo parece invisible, so está o corpo, so a fatiga, so o movemento inagotable que me permite recoñecer onde me atopo. A ca-

sualidade organizada abre un espazo en branco no que poder entrar. O corpo se difumina, atopa unha nova vibración. O corpo se transforma, haberá unha solución que descoñezo.

 

EFECTO SIAM / Colectivo Sin Par · Lara Misó e Wilma Puentes / Andalucía 

Coreografía e intérpretes: Lara Misó e Wilma Puentes

Con “ Efecto Siam” queremos explorar o concepto da unión física entre dúas persoas, tal e como ocorre cos siameses. Indagar así , a través dun debate mudo, na permisividade do movemento con esta restricción e implicando olado emocional que isto podería conlevar. Comunicarnos a través de contrasinais kinestésicas e enfatizando na dependencia inherente de dous seres humáns que chegaron a mundo dentro da mesma pel.

 

PHASE / Mario González / Madrid 

Coreografía e interpretación: Mario González

Peza individual que fala sobre as regras sociais introducíndose nun proceso de desobediencia desde a nosa parte máis visceral. Phase fala sobre todo o que non encaixa. Conduce a un proceso de duelo entre o establecido e noso instinto. Poderiamos imaxinar aquel rapáz que non recoñece a súa sexualidade ou que non entende de relixións. Todos experimentamos un momento de duelo para volver a crearnos.

 

2ª Semifinal

MUJER / Sybila Gutiérrez · Cía Dunatacá / Comunidad Valenciana 

Coreografía e interpretación: Sybila Gutiérrez

¿Quen é sempre unha mesma persoa? Eu son moitas e polo menos hoxe quero mostrarte varias versións da muller que habito. Cóstame ensinarte as miñas tripas, contarte a miña historia, porque aí vas a verme realmente, núa. Ás veces poño un “traxe” para sobrevivir, un vestido de

voces de anuncios e nais. Outras móstrome vulnerable na intimidade. Quizais hoxe decida dicir basta, ser o que non se pode, camiñar cos meus propios pasos. Unha viaxe entre o mostrarse e non, entre o habitar ese “traxe” ou rompelo.

 

LO INVISIBLE / Rolando Salamé e Katia Humenyuk · Cía No Bautizados / Madrid 

Coreografía e intrepretación: Rolando Salamé e Katia Humenyuk

Lo Invisible é unha peza de danza que explora as sensacións vitais dalgúns momentos determinantes da vida dunha persoa.  Esta peza é unha danza do consciente e o inconsciente, do visible e o invisible, das forzas que nos alonxan dos nosos soños, que nos someten, pero tamén dunha natureza indomable que se revela ante o que poida apartarnos do esencial do noso camiño, e onde os intérpretes sogan coas súas diferenzas físicas e de experiencias de vida para mostrar a dualidade deste ser, representando cada un dos bailaríns as súas contradicións, acertos, anhelos e medos.

 

BASIUM / Alexander Espinoza / Comunidad Valenciana 

Coreografía: Alexander Espinoza / Interpretación: Carmela García e Alexander Espinoza

A proposta intenta mostrar as fases polas que pasa un bico, aínda que non de maneira lineal no tempo, sensacións como flotar no aire, derretirte pola idea dun bico, ou afogarte por tantas sensacións xuntas, como non só é divertido se non adictivo.

OPP / Lara Munín / Galicia - Cataluña  

Coreografía e interpretación:  Lara Munín

“Opp” está inspirada no meu avó. El padecía unha miopatía muscular que lle impedía mover correctamente o tronco inferior do corpo. Tomei esta idea, e dinlle a volta. ¿Que ocorrería si o único que se pode mover con absoluta consciencia e control son as pernas? A través da investigación desta idea, desenvolvín unha calidade persoal de movemento. Opp pode falar da  existencia de contrarios, da dualidade de feictos e decisións e a búsqueda do acordo para o avance; pero tamén de moitas  outras cousas porque o seu diálogo interno convida á audiencia a crear a súa propia historia e facer as súas propias conexións.

 

ESE PÁJARO NO PUEDE ESTAR EN ESTA PLAZA / Violeta Iriberri / Cataluña 

Coreografía: Violeta Iriberri / Interpretación: Raúl Lorenzo e Violeta Iriberri

Ese paxaro non pode estar nesta praza arrástranos ao mundo desbordado de dous personaxes, baixo unha trama absurda cun paxaro inexistente, que nos sitúan como espectadores na observación do conflicto que os remove. Unha historia conectada mediante insinuacións e medias palabras cantadas, onde se sospeita que algo os axita e revolotea. Dous personaxes esaxerados e cheos de aspaventos, baixo o drama e a anécdota desmedida, o exceso e a sutileza, que poñen ás a este alboroto da rúa.

 

*INSCRICIÓN CLASES DE DANZA: info@solodos.es | 607 18 62 24

Por orde de recepción ata completar aforo.

PREMIOS SÓLODOS EN DANZA / OURENSE / 2019:

PREMIO SÓLODOS EN DANZA OURENSE 2019 CON XIRA A COSTA RICA:

ESE PÁJARO NO PUEDE ESTAR EN ESTA PLAZA / VIOLETA IRIBERRI / CATALUÑA · ANDALUCÍA

 

PREMIO XOVE:

EFECTO SIAM / COLECTIVO SIN PAR · LARA MISÓ E WILMA PUENTES.

 

PREMIO DO PÚBLICO:

EFECTO SIAM / COLECTIVO SIN PAR · LARA MISÓ E WILMA PUENTES.

 

PREMIO FINALISTA NO CERTAMEN INTERNACIONAL DE COREOGRAFÍA BURGOS - NY:

PHASE / MARIO GONZÁLEZ / MADRID · ANDALUCÍA

 

​SÓLODOS EN DANZA / OURENSE / 2019

DIRECCIÓN

Erick Jiménez

Maruxa Salas

ILUMINACIÓN E DIRECCIÓN TÉCNICA

Afonso Castro

PRODUCIÓN, FOTO E VÍDEO

Manu Lago

ORGANIZA

Sólodos e Concellaría de Cultura do Concello de Ourense

PATROCINAN

Concello de Ourense e INAEM

 

COLABORAN

Concellaría de Cultura, Auditorio Municipal de Ourense, Concellaría de Educación,  Oficina de Turismo -  Concello de Ourense, Trayectos Zaragoza · A Cielo Abierto, Certamen Coreográfico Burgos - NY, Laboratorio Escénico Coop., Galicia Danza Contemporánea e Pablo Salas Fotografía.

achégase_face.jpg
tira logos ou 19.jpg
bottom of page