top of page

2023  Sólodos En Danza Ourense

Certame de Creación de Dúos y Solos

 

PROGRAMA SóLODOS EN DANZA OURENSE 2023

FINALISTAS

-NUNCA BAILARÉ SÓLO de Diego Garrido. Fainos viaxar, a que atoparemos a esperanza perdida despois dunha gran perda. Ofrécenos atopar ese brillo que se abre paso a través das sombras, sendo o propio bailarín unha luz en sí mesmo, e que serve para que nós como espectadores recordemos que no noso interior se atopa tamén esa luz, e esa esperanza que ben poideran estar en maior ou menor medida esquecidas. 

 

-PICNIC ON THE MOON de Júlia Godino e Alexa Moya. Picnic on the Moon é un “tableau vivant” de dous individuos no Sur de Francia pasando a tarde nun parque, disfrutando dun pícnic baixo o sol e da suave brisa que acaricia os seus cabelos. ¿Que pasaría si de repente se desen conta de que o sol en realidade é unha bombilla e de que esa agradable brisa provén dun ventilador? 

 

-MINERVA de Alicia Verdú.  Encarna a unha muller do presente que está chea de historias dun pasado que descoñece, pero intúe. Viaxa a través dun túnel de historias onde a noción do tempo vai desaparecendo, polo tanto, sufre unha esquizofrenia física e mental.

 

-LES PASSANTS de Patricia Hastewell Puig e Noé Ferey. Les Passants é un dúo de danza contemporánea e teatro físico cun formato de estilo cinematográfico onde se encadean escenas con xogos visuais e corporais. Cada unha ten o seu propio carácter cas súas personaxes, detalles e relacións. Todo transcurre nun espazo aparentemente mundano onde os corpos se transforman, os tamaños se dilatan e o tempo se manipula, creando así un espazo onírico.

 

-EXTENDER COMO SI PUDIERA de Julia Laport. Esta peza busca poñer o corpo no borde. Poñerse no borde do corpo, na capa máis externa anterior ao outro. Extender como si o meu corpo fora meu  como se houbera algo máis, como si puidera desdibuxar as marxes da pel para vivir na ilusión dun corpo ilimitado.

15 de xuño 17.30 horas  / VISITA a A CASA VELLA

Visita dos e as artistas finalistas, para coñecer o proxecto e o espazo de A Casa Vella, en Amiadoso.

16 de xuño 10 horas  / FUNCIÓN MATINAL

Praza da Escola de Artes Escénicas de Ourense

Actividade que en colaboración coa Concellaría de Educación do Concello de Ourense.

 

  • NUNCA BAILARÉ SÓLO de Diego Garrido 

  • PICNIC ON THE MOON de Júlia Godino e Alexa Moya 

  • MINERVA de Alicia Verdú

  • LES PASSANTS de Patricia Hastewell Puig e Noé Ferey

  • EXTENDER COMO SI PUDIERA de Julia Laport

 

16 de xuño 20.30 horas  / CERTAME DE CREACIÓN DE DÚOS E SOLOS SóLODOS EN DANZA / OURENSE

O Sagrado, Xunqueira de Espadanedo. Entrada libre. 

Esta actividade realízase en colaboración co Concello de Xunqueira de Espadanedo.

  • NUNCA BAILARÉ SÓLO de Diego Garrido 

  • PICNIC ON THE MOON de Júlia Godino e Alexa Moya 

  • MINERVA de Alicia Verdú

  • LES PASSANTS de Patricia Hastewell Puig e Noé Ferey

  • EXTENDER COMO SI PUDIERA de Julia Laport

16 de xuño 21.30 horas / FUNCIÓN  EL PISO A CUESTAS de Abel Rojo

Premio Festival Internacional de Danza de Cáceres (DZM), España 2022. Ademáis do Premio de programación do festival Gatadans 2023 e nominación no 2019 Premio Benois de la Danse en Moscú.

O Sagrado, Xunqueira de Espadanedo. Entrada libre. Esta actividade realízase en colaboración co Concello de Xunqueira de Espadanedo.

 

16 de xuño 21.45 horas / ENTREGA DE PREMIOS

O Sagrado, Xunqueira de Espadanedo. Entrada libre. 

- PREMIO SóLODOS EN DANZA OURENSE 2023 - XIRA COSTA RICA: NUNCA BAILARÉ SÓLO de Diego Garrido 

- PREMIO BAILANDO CON PIEDRAS 2023: EXTENDER COMO SI PUDIERA de Julia Laport 

- PREMIO FESTIVAL MANHATTAN 2024: LES PASSANTS de Patricia Hastewell Puig e Noé Ferey

- PREMIO XOVE SóLODOS - DANZA NO CLAUSTRO 2024: NUNCA BAILARÉ SÓLO de Diego Garrido

SóLODOS EN DANZA é un proxecto de Cooperación Cultural, un proxecto de ámbito artístico-social que xera intercambio e mobilidade entre artistas. Utiliza diferentes estratexias de colaboración, para construir unha ponte cultural entre artistas de dous continentes (América / Europa). 

 

A PLATAFORMA CULTURAL SóLODOS traballa para a difusión da danza e as artes do movemento.  Os seus proxectos promoven a danza como ferramenta social e desenvolvemento cultural, xerando espazos de colaboración entre proxectos culturais, creando iniciativas que permiten o intercambio de coñecemento entre institucións públicas e privadas, centros de ensinanza escénica, artistas, público e a sociedade en xeral.

SÓLODOS EN DANZA / OURENSE / 2023

DIRECCIÓN

Maruxa Salas

Erick Jiménez

PRODUCIÓN

Maruxa Salas

Víctor López Carbajales

tira logos.png
bottom of page