top of page

2018  Sólodos En Danza Ourense

Festival Internacional de Danza Contemporánea e Certame de Creación de Dúos e Sólos

Auditorio Municipal de Ourense

   23 e 24 de novembro de 2018

23 NOVEMBRO

11.00 - 12.30 h / Función Premio XOVE / Sala Principal:

·Función das 6 pezas finalistas para público xuvenil.

·Charla: Ao finalizar o espectáculo haberá unha charla cos artistas na Sala Principal. 

·Votación: Posteriormente os estudantes votarán a súa coreografía preferida, a peza ganadora recibirá o Premio Xove SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2018 que se entregará o día 24.

Actividade realizada en coordinación coa Concellería de Educación Concello de Ourense.

 

18.00 - 19.30 h / Programa Formación Profesionais / Sala Apego:

Master Class de Mikel Aristegui na Sala Apego para Artistas Finalistas + Profesionais de Danza. 

 

20.30 h / Gala Internacional SóLODOS EN DANZA / Ourense / 2018 / Sala Principal. Coreografías e compañías:

DON LIMPIO / Iron Skulls - Moisés “Moe"/ Cataluña

Intérpretes - creadores: Moisés “Moe" | Duración: 10 min.

A vida de Don Limpio: Lavar, asear, pulir, varrer, frotar, fregar, acicalar, adecentar, abrillantar, … & limpar.

 

ON / Cía Exire  - Alba Fernández Cotelo / Galicia / Premio SóLODOS En Danza / OU / 2017

Creación e Interpretación: Alba Fernández Cotelo - Cía Exire | Duración: 10 min.

De repente, un só dedo encende cada parte do meu corpo. A súa enerxía leva as miñas vísceras a experimentar unha sacudida tan potente como a forza mínima que provoca violentos furacáns. Son os xestos sutís que envolven a atmósfera de caricias e enerxía vital. Convídote a que entres no meu corpo sen ter compaixón. Entras e percorres, observas, explosionas. Ven, ven... Mece o meu corpo, para que se mova diferente, e me transporte a outro lugar.

 

SE - NW / Tejido Conectivo - Miguel Ángel Punzano e Andrea Amor / Madrid

Dirección, coreografía e interpretación: Miguel Ángel Punzano e Andrea Amor | Deseño sonoro: Miguel Ángel Punzano |Deseño de iluminación: Virginia Rodríguez | Deseño de vestiario: Irma Veiga | Duración: 15 min.

The Walk é unha experiencia escénica sobre a poética do camiñar. Unha peza de danza contemporánea que se sucece a través  de tres paisaxes construidas sobre o diálogo entre a gravidade e o equilibrio, o percorrido e a arquitectura dos corpos. SE-NW é unha desas paisaxes.

En SE-NW, a idea de Tempo e a idea de Espazo: dous conceptos tan inseparables como inaprensibles revélanse, fanse visibles e palpables, sírvense dos corpos para poñerse de manifiesto.

 

SIN MIEDOS / Iron Skulls - Diego Garrido / Cataluña

Dirección, coreografía e interpretación: Diego Garrido | Música: Nils Frahm - Says | Residencia artística: Auditorio San Martin,  Barcelona |  Mellor solo no Certamen Microdanza de Madrid, 2015 | Duración: 9 min.

"O guerreiro sabe que, tras cada enfrentamento, nunca volverá a ser o mesmo".Sen Medos comenza cos irresoltos e premonitorios pasos do individuo que se arroxa a unha deshabitada nudez. Sen ningunha garantía de éxito, os artistas, compunxidos e oprimidos por unha historia de asuntos irresoltos, emprenden a necesaria e arriscada viaxe cara a verdadeira identidade do ser.  Afogándonos na viscosidade das súas inseguridades, o bailarín arrastraranos a unha turbulenta intimidade na que a negrura unicamente desemboca nun universo de matices grisáceos.

 

LAS VIUDAS / Héctor Plaza e Agnés Sales / Cataluña

Creación e interpretación: Héctor Plaza e Agnés Sales | Duración: 15 min.

10 da mañá. Esta vez ninguén vai  chamar á porta. Palabras que compoñen os recordos dunha nena sobre a reacción da súa nai.  Para nós, o detonante dun delirio que pon á luz a pegada que nos deixan as nosas vivencias.

 

 

24 NOVEMBRO

10.00h - 11.00h / Programa Formación Maiores · Público Xeral / Sala Apego

Master Class de Danza Contemporánea para Maiores con Erick Jiménez - Sólodos 

12.00 - 14.00 h / Foro SóLODOS / Sala Vermella

Interveñen: Erick Jiménez de Sólodos, Costa Rica - Ourense / Natividad Buil do Festival Trayectos de Zaragoza e Red A Cielo Abierto (Rede de festivas de danza contemporánea en espazos non convencionais de España), Victor López Carbajales do Centro de Danza de Zaragoza / Rui Pires do Festival ContraDANÇA, Festival de Dança e Movemento Contemporâneo de Covilhã, Portugal / Cristina Samaniego do Espacio Espiral, Laboratorio Escénico y de Artes Afines de Santander / Rebeca Martín Tassis  de Espacio Les Naves de Gijón.

 

17.00 - 18.30 h / Programa Formación Profesionais / Sala Apego

Master Class de Tejido Conectivo - Miguel Ángel Punzano  para Profesionais de Danza.

 

18.45 - 20.00 h / Programa Formación Estudantes / Sala Apego

Master Class de Tejido Conectivo - Miguel Ángel Punzano + Andrea Amor  para Estudantes das Escolas de Danza. 

 

20.30 h / Certame de Creación de Dúos e Solos / Sala Principal:

·Cuando las aves oyen mi paso / Ricardo Flores / México - Portugal

Intérpretes: Ricardo Flores e Diana Pinto

A peza fala sobre a partida. En México, é común colgar zapatos nos fíos de alta tensión como un tributo aos que partiron e deixaron o calzado cara atrás, camiñando descalzos polo camiño da eternidade. A través de movementos minimalistas, da utilización da mímica e de escasos elementos escénicos, explórase algo que vai máis alá da planta baixa, pero que tampouco é imaxinario - porque os nosos corpos existen, percíbense da presencia un do outro, dos outros e das súas vibracións.

 

·Do you? / Irene Maestre Serrano e Luis Martínez Gea / Murcia - Cadete, Albacete.

Intérpretes: Irene Maestre Serrano e Luis Martínez Gea | Coreografía Premiada no VII Festival Abril en Danza 2018 - Muestra Jóvenes talentos para participar como finalista en Sólodos En Danza / Ourense / 2018.

Trata das maneiras de amar e como o interpreta cada ser e a intensidade de recibilo. A definición de  amor, cun compañeir@ de viaxe nesta supervivencia que é a vida, o meu punto de vista. Xogamos cun dito: “A MIÑA MEDIA LARANXA”, eu non comparto este dito xa que cada un non somos metades porque estamos enteiros, entón cada un pode ser unha laranxa ou calquera outra froita.

 

·Ática / Elvi Balboa e Lucía Bocanegra / Sevilla - Sanxenxo, Pontevedra

Intérpretes: Elvi Balboa e Lucía Bocanegra

ÁTICA é o lugar no que se atopan dúas descoñecidas. DOUS extremos que se unen nun xogo. UN diálogo armónico creado polas súas diferenzas. DANZA e espazo fan posible esta historia espontánea, este entontro cotián.

 

·[ tiempo ] / Nacho Cárcaba / Asturias

Intérprete: Nacho Cárcaba

Tempo, habitando na pel, nos ósos, naquelo que se move duns a outros, habitando na súa pel, nos seus ósos, naquelo que os move, a uns e a outros,… descubrir un momento mentres outros empezan a correr en busca do seu tempo, que habitará

a súa pel, os seus ósos e moverase... duns a outros.

 

·Ephimero / Paula Pérez Pinilla e Carmina Gimeno Latas - Cía Peace of Mind / Zaragoza

Intérpretes: Paula Pérez Pinilla e Carmina Gimeno Latas

Os sentidos son a porta entre o ser humán e o exterior. Sen palabras, cando dúas persoas se miran aos ollos, establecen un cimento de confianza e comunicación. A través dos aromas, sons e o simple tacto, viaxamos cara un mundo de recordos e sentimentos que nos van conectando, no transcurso da vida. Pensamentos fugaces sumisos a un cronómetro que nos  balancean entre o duradeiro e as agullas do efémero.

 

·Entre Nosotros / Salvador Rocher / Santa Pola, Alicante

Intérpretes: Melodía García Sánchez e Salvador Rocher.

Son as 19:00 pm, aterrizamos en terreo descoñecido, observou e analizou, o capitán está inquedo e só busca como volver. Sen embargo, eu so vexo unha nova oportunidade de cambio ao vernos rodeados desta nova sociedade.Quizáis si quedamos o logremos e se non funciona non importa, todo queda entre nós.

 

·Actuación Artistas Convidados

Antes da entrega de Premios actuarán as compañías convidadas e coreografías premiadas:

I´M NOT A KID ANYMORE / Arnau Pérez / Premio XOVE recibido en SóLODOS En Danza / OU / 2017 e coreografía premiada no Certamen Internacional de Coreografía Burgos & New York 2018.

Creación e interpretación: Arnau Pérez | Duración 10 min.

Un ser humán expresa a través de si unha idea inicial basada solo no seu aspecto superficial. ¿Pero atópase a madurez dentro dese corpo ou é un elemento creado pola percepción externa? ¿Son xa un adulto? Xa non son un neno pero tampouco quero deixar de selo. 

 

KINTSUGI / Iron Skulls / Coreografía premiada no Certamen Internacional de Coreografía Burgos & New York 2017.

Dirección: Iron Skulls Co | Coreografía e intérpretación: Adrián Vega, Moisés “Moe”, Héctor Plaza “Buba”, Diego Garrido e Agnés Sales Martín | Duración: 14 min.

Kintsugi é unha técnica xaponesa de reparación de obxectos que se remonta ao século XV e unha filosofía que plantexa que as fisuras e as reparacións forman parte da historia dun obxecto e non hai que escondelas. Estas deben embelecer ao obxecto, deixando ao descuberto a súa transformación e o seu pasado. Interesados nas novas linguaxes e nos límites do movemento, Iron Skulls Co. mergúllase no formato de quinteto na procura da relación entre técnica, beleza e imperfección a través da danza.

 

·Entrega de Premios

Premio SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2018 para a coreografía [Tiempo] creada e interpretada por Nacho Cárcaba

Premio do Público para a coreografía Ephimero creada e interpretada por Paula Pérez Pinilla e Carmina Gimeno Lata -Cía Peace of Mind.

Premio Xove para a coreografía Ephimero creada e interpretada por Paula Pérez Pinilla e Carmina Gimeno Lata -Cía Peace of Mind.

Premio finalista Danza en la Catedral - Bailando con Piedras / organizado polo Certamen Internacional de Coreografía Burgos - New York para la coreografía Cuando las aves oyen mi paso creada por Ricardo Flores e interpretada por Ricardo Flores e Diana Pinto.

SÓLODOS EN DANZA / OURENSE / 2018

DIRECCIÓN

Erick Jiménez

Maruxa Salas

ILUMINACIÓN E DIRECCIÓN TÉCNICA

Afonso Castro

PRODUCIÓN, FOTO E VÍDEO

Manu Lago

ORGANIZA

Sólodos e Concellaría de Cultura do Concello de Ourense

PATROCINA

INAEM

 

COLABORAN

Concellaría de Educación  e Oficina de Turismo -  Concello de Ourense, AECID, Centro Cultural de España en Costa Rica, Trayectos Zaragoza, A Cielo Abierto, Tejido Conectivo, Certamen Coreográfico Burgos - NY, Galicia Danza Contemporánea e Pablo Salas Fotografía.

2 face.jpg
tira logos ou 18.jpg
bottom of page