top of page
cartel.jpg

4 de Agosto de 2023 · 20.00h

Claustro de Santo Estevo de Ribas de Sil

Nogueira de Ramuín · Ourense

5 de Agosto de 2023 · 20.00h

Claustro de Santa María de Melón

Melón · Ourense

6 de Agosto de 2023 · 20.00h 

Claustro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo

Xunqueira de Espadanedo · Ourense

 

Danza no Claustro é un proxecto da plataforma cultural SóLODOS. Naceu no Claustro de San Francisco na cidade de Ourense en xuño do 2013, como unha proposta escénica que pon en valor o patrimonio arquitectónico a través da danza e desde entón realízase anualmente.

 

Paisaxes cheas de historia e singularidade da provincia de Ourense son o contexto para que artistas internacionais e locais, xunto coas comunidades, constrúan un proxecto cultural en común. Danza No Claustro é unha programación cultural exclusiva para as comunidades, fortalecendo os eventos culturais da zona. A danza como motor cultural que potencia a historia do lugar, a súa xente, a súa beleza, a súa sigularidade…Un xeito diferente de mirar a arquitectura e o patrimonio histórico a través da danza e do movemento.  

 

Desde o ano 2021 a firma de moda Adolfo Domínguez colabora no proxecto, e será a encargada de vestir tamén nesta edición ás e os artistas.

 

Con máis de 10 anos de celebración, nesta edición 2023 Danza No Claustro realizarase nos Claustros de Santo Estevo de Ribas de Sil de Nogueira de Ramuín, Santa María de Melón e Santa María de Xunqueira de Espadanedo. 

PROGRAMACIÓN:

 

ME FUI CON TU NOMBRE / NO MAN´S LAND CIE. - LÈMIA BOUDHIAF &MARCELO JAVIER GUAIGUA / ECUADOR & FRANCIA - TUNEZ

Premio SóLODOS EN DANZA/COSTA RICA/2020 con Xira a España 2023 por diferentes Festivais, Certames e Programacións.

Coreografía e interpretación: Marcelo Javier Guaigua & Lemia Boudhiaf

Texto: Jorge Enrique Adoum

Música orixinal: Pablo Molina

Foto: Pablo Vargas

Fráxil e pesado, o corpo manifiesta a súa vulnerabilidade e o seu abandono nos espazos diversos onde transita na procura de novos encontros, novas formas de percibir un ambente no que o tempo e a súa materialidade habitan e atravesan cambios de estado.

 

LATENTE / ANA MELERO / ANDALUCÍA

Premio no Festival Internacional de Coreografía Burgos - New York para participar en Sólodos En Danza Costa Rica.

Coreografía e interpretación: Ana F. Melero
Espazo sonoro: Fernando Careaga
Voz en off: Lucía Montes
Vestiario: Ana F. Melero e Roto y Descosido

Foto: Elías Aguirre

O adxectivo latente describe aquelo que está oculto ou, en apariencia, inactivo. O contido latente dos soños é aquelo que se conecta co inconscente, o real, a esencia. O calor latente é a cantidade de enerxía requerida por unha substancia para cambiar de fase. O conflicto latente está composto por forzas que empurran en direccións opostas.

LATENTE é a exploración dos contrastes e os extremos, o control e o descontrol, unha viaxe sobre a sutileza no explosivo para converterse no adxectivo, contido e conflicto provocando así o cambio de fase.

 

 

 

LO QUE LOS ÁRBOLES NO CUENTAN / KIKO LÓPEZ & HÉCTOR PLAZA / COMUNIDADE VALENCIANA e CASTILLA Y LEÓN

Programación realizada a través da Rede Acieloabierto. 

Coreografía e intérpretes: Héctor Plaza & Kiko López

Foto: Angés Sales

É unha peza de rua que comenza nun dises intres nos que pensas  “ e se…”

É interesante ver as árboles coma se fosen persoas e as personas coma se fosen árbores. Cómo viron o mundo pasar e adaptaron a través do tempo a paso lento pero firme. Coma as árbores parecen crear un mundo propio dentro deles mesmos ao igual que as persoas.

A través da danza, poñemos a mirada las árbores e a natureza, comparándonos a eles como individuos, reflexionando entorno aos puntos en común que temos como seres vivos.

 

 

A RAÍZ DE… / DANIEL RODRÍGUEZ / MADRID-GALICIA

Premio Xove e Premio Sólodos En Danza España 2022.

Idea orixinal, coreografía e intérprete: Daniel Rodríguez

Vestiario: Abel Casal

Asesoría Artística: Victoria P. Miranda

Espazo sonoro: Aida Tarrío, Manuele Pardo, Baiuca

Foto: Manu Lago

O corpo, ese instrumento capaz de facer vivir hoxe as historias de onte e de permitir que nun único ser, onde habitan pasado e presente, dialoguen tradición e contemporaneidade para construir un discurso de futuro.

 

 

 

DANZA NO CLAUSTRO 2023

DIRECCIÓN e PRODUCCIÓN

Erick Jiménez

Maruxa Salas

PRODUCIÓN

Víctor López Carbajales / Manu Lago

VESTIARIO

Adolfo Domínguez

FOTO e VÍDEO

Foto Pablo Salas / Manu Lago

CON AXUDA DE

INAEM - Ministerio de Cultura - Deputación de Ourense - Red Acieloabierto (Red de festivales de Danza de España en Espacios no convencionales)

 

COLABORA

Concello de Xunqueira de Espadanedo, Deputación Ourense, Concello de Nogueira de Ramuín, Parador de Santo Estevo, Concello de Melón, Foto Pablo Salas, Red Acieloabierto e Adolfo Dominguez

FORMA PARTE DE

Acieloabierto

 

TIRA LOGOS CLAUSTRO 22 3.jpg
bottom of page