Danza no Claustro é un proxecto da Plataforma Cultural SóLODOS.
Naceu no Claustro de San Francisco na cidade de Ourense en xuño do 2013, como unha proposta escénica que pon en valor o patrimonio arquitectónico a través da danza e desde entón realízase anualmente.
Paisaxes cheas de historia e singularidade da provincia de Ourense son o contexto para que artistas internacionais e locais, xunto coas comunidades, constrúan un proxecto cultural en común. Os artistas tras un proceso de creación e investigación artística nos diferentes claustros e espazos, realizan unha exhibición do seu traballo creativo.
Danza no Claustro é unha programación cultural exclusiva para as comunidades, fortalecendo os eventos culturais da zona.
A danza como motor cultural que potencia a historia do lugar, a súa xente, a súa beleza, a súa singularidade...Un xeito diferente de mirar a arquitectura e o patrimonio histórico a través do baile, do movemento.
Danza no Claustro celébrase actualmente no Claustro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo -ilustracións na cabeceira desta web-, Claustro de Santa María de Melón e Claustro de Santo Estevo de Ribas de Sil, todos eles na provincia de Ourense.
Danza no Claustro é un festival convidado da Red Acieloabierto desde 2021.