28 de xullo de 2024. 20.00h
A Casa Vella
Amiadoso. Allariz. Ourense
2 de Agosto de 2024 · 20.00h
Claustro de Santo Estevo de Ribas de Sil
Nogueira de Ramuín · Ourense
3 de Agosto de 2024 · 20.00h
Claustro de Santa María de Melón
Melón · Ourense
4 de Agosto de 2024 · 20.00h
Claustro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo
Xunqueira de Espadanedo · Ourense
Danza no Claustro é un proxecto da plataforma cultural SóLODOS. Naceu no Claustro de San Francisco na cidade de Ourense en xuño de 2013, como unha proposta escénica que pon en valor o patrimonio arquitectónico a través da danza e desde entón realízase anualmente. Na actualidade é o festival de danza en activo máis lonxevo de Galicia.
Paisaxes cheas de historia e singularidade da provincia de Ourense son o contexto para que artistas internacionais e locais, xunto coas comunidades, constrúan un proxecto cultural en común. Danza No Claustro é unha programación cultural exclusiva para as comunidades, fortalecendo os eventos culturais da zona. A danza como motor cultural que potencia a historia do lugar, a súa xente, a súa beleza, a súa sigularidade… Unha forma diferente de mirar a arquitectura e o patrimonio histórico a través da danza e do movemento.
Desde o ano 2021 a firma de moda Adolfo Domínguez colabora co proxecto, e será a encargada de vestir tamén nesta edición ás artistas. Desde ese mesmo ano o festival forma parte da rede Acieloabierto, rede nacional de festivais de danza en espazos non convencionais.
Con 12 anos de celebración, nesta edición 2024 Danza No Claustro celebrarase nos Claustros de Santo Estevo de Ribas de Sil de Nogueira de Ramuín, Santa María de Melón e Santa María de Xunqueira de Espadanedo. Ademáis realizará unha xornada extra en colaboración co Ciclo de Artes Vivas e Mediación de A Casa Vella na aldea de Amiadoso (Allariz)
PROGRAMACIÓN
DÍA 28 DE XULLO - A CASA VELLA (AMIADOSO - ALLARIZ)
En Colaboración co Ciclo de Artes Vivas e Mediación de A Casa Vella
CUYEO TAPACAMINOS - FITO GUEVARA MORALES / COSTA RICA
Coreografía e interpretación: Fito Guevara Morales
"Cuyeo Tapacaminos" retrata a historia de dous seres, gardiáns dos camiños, co poder de perder a quen a segue e o infinito traballo de habitar cada perda. Inspirada na graza e adaptabilidade do tapacamiños, a coreografía invita a vivir a beleza do presente e abrazar as sorpresas da vida.
DRAUMA - PAULINA ESPINOSA & MARIANA OLIVEIRA / MÉXICO & PORTUGAL
Premio SóLODOS EN DANZA/COSTA RICA/2023 con Xira a España 2024 por diferentes Festivais, Certames e Programacións.
Coreografía e interpretación: Paulina Espinosa e Mariana Fagundes Oliveira
Foto: Pablo Vargas
Somos un mundo de personaxes impactados por unha serie de traumas, traumas que nos marcaron desde a infancia. En Drauma (do Trauma o Drama) exploramos as catro respostas ao trauma: loitar, fuxir, conxelarse e adular, en forma dunha divertide e emocional pero non menos dramática viaxe a través dos recordos vivenciais de dúas personaxes con contextos culturais igualmente distintos que similares, situando ao espectador nunha paisaxe amable musicalmente, a veces divertida, e que só unha vez rematada a peza o fará reflexionar sobre as súas propias experiencias co trauma.
VESTIRME DE TI / NURIA SOTELO & CLARA FERRÃO / GALICIA
Dirección: Maximiliano Sanford
Creación e coreografía: Clara Ferrão, Nuria Sotelo e Maximiliano Sanford
Intérpretes: Alejandra Balboa e Nuria Sotelo
Foto: Ángel Sousa
Vestirme de ti é unha metáfora das relacións humanas e a interdependencia que se crea cando interactuamos con outros individuos.
A peza critica a exaltación da independencia que nos transmite o sistema de consumo no que vivimos e defende a necesidade de apoio mutuo nas nosas relacións.
Un dúo de danza para rúa ou espazos non convencioniais que reflexiona sobre o equilibrio entre opostos.
DÍAS 2, 3 E 4 DE AGOSTO - CLAUSTROS:
DRAUMA - PAULINA ESPINOSA & MARIANA OLIVEIRA / MÉXICO & PORTUGAL
Premio SóLODOS EN DANZA/COSTA RICA/2023 con Xira a España 2024 por diferentes Festivais, Certames e Programacións.
Coreografía e interpretación: Paulina Espinosa e Mariana Fagundes Oliveira
Foto: Pablo Vargas
Somos un mundo de personaxes impactados por unha serie de traumas, traumas que nos marcaron desde a infancia. En Drauma (do Trauma o Drama) exploramos as catro respostas ao trauma: loitar, fuxir, conxelarse e adular, en forma dunha divertide e emocional pero non menos dramática viaxe a través dos recordos vivenciais de dúas personaxes con contextos culturais igualmente distintos que similares, situando ao espectador nunha paisaxe amable musicalmente, a veces divertida, e que só unha vez rematada a peza o fará reflexionar sobre as súas propias experiencias co trauma.
8KM EN MULA - ÁLVARO MURILLO / EXTREMADURA
Rede Acieloabierto
Coreografía e interpretación: Álvaro Murillo
Foto: Manu Lago
Unha crónica de sucesos, un feito real ocurrido a noite do 22 de xullo de 1928 serviu como inspiración a Lorca para a súa obra “Bodas de Sangre”. Un amor prohibido nunha sociedade que garda as apariencias. Unha forza instintiva que tende á unión irracional opoñéndose, sen buscalo, ao convencionalismo social. O día da súa voda unha noiva escapa co seu amante. O noivo ségueos e ten lugar o desenlace.
O corpo emprega o movemento para contar unha historia de amor maldito. Unha crónica danzada da obra, unha versión flamenca da historia. 8 kilómetros son os que percorreron Paco Montes e Paquita Cañada sen poder chegar ao alba.
LES PASSANTS - PATRICIA HASTEWELL & NOÉ FEREY / CATALUNYA
Rede Acieloabierto
Coreografía e interpretación: Patricia Hastewell Puig e Noé Ferey
Foto: Manu Lago
Les Passants é un dúo de danza contemporánea e teatro físico cun formato de estilo cinematográfico onde se encadean escenas con xogos visuais e corporais.
Cada unha ten su propio carácter cas súas personaxes, detalles e relacións. Todo transcurre nun espazo aparentemente mundano onde os corpos se transforman, os tamaños se dilatan e o tempo se manipula, creando así un espazo onírico. ¿Que pasa cando o foco se pon en cada unha das persoas que pasan por este espazo? As vidas dos demáis se nos presentan como auténticos misterios, rompecabezas onde nos faltan moitas pezas que non podemos ter. Pero ao mellor podemos descubrir algo se prestamos atención...
NUNCA BAILARÉ SOLO - DIEGO GARRIDO / CATALUNYA
Coreografía e interpretación: Diego Garrido
Foto: Manu Lago
¿Como se pode expresar o inexpresable? o sentimento de perda, a esperanza ¿pódense expresar unicamente con movemento, con danza?
Nunca bailaré solo lévanos á búsqueda e encontro da esperanza perdida despois dunha gran perda. Atopar ese brillo que se abre paso entre as sombras, sendo o propio bailarín unha luz en si mesmo, e que serve para recordarnos como espectadores que dentro de nós tamén está esa luz, e esa esperanza que ben pode ser en maior ou menor medida esquecido.
DE QUERER - DANIEL RODRÍGUEZ & XUNQUERETEIRAS / GALICIA
Coreografía e interpretación: Daniel Rodríguez
Música en directo: Xunquereteiras (Patricia Fernández Álvarez, Noa Gómez Alonso, Alba Gallego Blanco, Alba Fernández Blanco, Inmaculada Blanco Ferreiro, Lucía Blanco Quintas, Nahir Otero Blanco, Lucía González Coello, Rocío Blanco Quintas, Isabel González Blanco, Paula Pernas de Dios, Sindy Caneiro García)
Colabora na creación: Artur Puga
Foto: Pablo Salas
Coproduce: Danza no Claustro
De Querer é unha proposta e encargo de Danza no Claustro a Daniel e as pandereteiras. É unha peza que se inspira, desde unha visión de presente, nas diversas mostras de amor e afecto entre individuos plasmadas no canto tradicional galego.
DANZA NO CLAUSTRO 2024
DIRECCIÓN Y PRODUCCIÓN
Erick Jiménez
Maruxa Salas
PRODUCCIÓN
Víctor López Carbajales / Manu Lago
VESTUARIO
Adolfo Domínguez
FOTO y VÍDEO
Foto Pablo Salas / Manu Lago
CON AYUDA DE
INAEM - Ministerio de Cultura, Deputación de Ourense, Xunta de Galicia a través de la AGADIC
COLABORA
Concello de Xunqueira de Espadanedo, Concello de Nogueira de Ramuín, Parador de Santo Estevo, Concello de Melón, Red Acieloabierto, Adolfo Dominguez,
Festival Escena Patrimonio, A Casa Vella, CICBUNY, Foto Pablo Salas
FORMA PARTE DE