5 de Agosto de 2022 · 20.00h
Claustro de Santo Estevo de Ribas de Sil
Nogueira de Ramuín · Ourense
RESERVA PREVIA DE ENTRADAS - AFORO LIMITADO
6 de Agosto de 2022 · 20.30h
Claustro de Santa María de Melón
Melón · Ourense
ENTRADA LIBRE
7 de Agosto de 2022 · 20.30h e 22.15h
Claustro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo
Xunqueira de Espadanedo · Ourense
ENTRADA LIBRE
ATONAL / CARLA SEGOVIA & GUILLERMO AGUILAR / México
Coreografía e interpretación: Carla Segovia e Guillermo Aguilar
Música orixinal: Aristóteles Benítez (Voces e sons de Carla Segovia e Guillermo Aguilar).
ATONAL é un proxecto co que propoñemos xerar unha relación coreográfica entre a voz, o uso de Autotune e Ableton e o corpo en movemento.
A nosa principal intención é explorar as posibilidades destos softwares e secuenciadores musicais como distorsionadores vocais; investigar e xerar efectos artificiais que nos permitan realizar composicións vivas que involucren as nosas voces alteradas como condicionantes do movemento dos nosos corpos.
DORMU / INDALECIO SÉURA / Andalucía
Coreografía e intérprete: Indalecio Séura
“Voa, voa
máis alá,
nun barco de remo.
Rema, rema
e cando esteas,
saúda desde o ceo.
Non me chores doce amor,
faite un anxo valente.
só espero que ao ir eu,
poida recoñecerte.”
THE BEAUTY OF IT / ÁNGEL DURÁN / Cataluña / A través da Red Acieloabierto
Coreografía e intérprete: Ángel Durán
Deseño de vestiario: Paula Ventura
Deseño de son: Àngel Durán e Pep Vilaregut
Asesoramento dramaturxico: Blanca Apilánez
Fotografía: José Ma Pecci
The Beauty of It básase nas teorías de Carl Jung sobre a dualidade entre a mente consciente e o inconsciente. Esta dicotomía nunha soa persoa non nos permite diferenciar entre a realidade real e o que é o soño. Nesta proposta escénica exponse a fraxilidade do home, así como unha reflexión sobre a autenticidade das accións ou personaxes creados por el mesmo. ¿Cal é a verdadeira máscara? É real todo o que experimentamos? ¿Que diferencia hai entre actuar e comportarse tal como és?
The Beauty of It utiliza as grabacións da entrevista ao dr. Carl Jung no 1957 como narrador externo para mergullarnos nun estado reflexivo onde o intérprete é obxecto de estudo, pero tamén é un espello de nós mesmos. Barridos polas diferentes calidades de movemento e expresións mergullámonos no inconsciente humano.
ALLEO / COLECTIVO GLOVO / Galicia
Creación e interpretación: Esther Latorre e Hugo Pereira
Todo comeza alí arriba, onde atisbamos o que acontece e se rexistra o alleo do campo e do mar. Desde a miña posición apréciase a verdade; a torre é calida, é laranxa. Os raios de sol fúnden-se nas fisuras e rompen baixo pedras rotundamente terrenais. Aquela ardente soidade, queima e destrue o privilexio do atisbo deixándonos no abandono ante a eterna inmensidade.
Alleo se basea na idea da atalaia. Parte do condicionamento da “privilexiada” posición da torre e de quen desempeñaba o papel da vixilancia. Habitamos ambos corpos: o poder que outorgaba o coñecemento do descoñecido e do que estaba por vir así como a soidade desa posición e do peso do descubrimento do alleo.
VERTEBRATA / ALEJANDRA BALBOA / Galicia
Creación e interpretación: Alejandra Balboa
Investigando co coreógrafo Luis Marrafa, nace Vertebrata. Unha viaxe emocional na que o corpo é movido polo ruido que o habita. Éste encóntrase coa dificultade de controlar os seus impulsos internos, intentando descifralos e incluso dominalos. Un vaivén entre a leve asfixia do intento e a pesada carga da debilidade. É a expresión dun animal que exterioriza a través do movemento, os diferentes estados da súa materia.
Non deixo que nada entre en min sen retumbar, sen controlar a intensidade coa que habitan, chocan e incluso explotan. Ás veces parece que descansan, pero rapidamente percorren todo o espazo que poden para facerse notar.
Limítome a intentar apagalas. Penso, ilusa, que cando me volvan a petiscar, entendereinas con claridade.
Pero non. Non consigo que durman.
Temo que a miña paz quedará reducida aos pequenos momentos nos que o aire consiga entrar e sair do meu corpo sen dificultade.
ESPECIAL DÍA 7 - O SAGRADO - XUNQUEIRA DE ESPADANEDO
PROGRAMA CELEBRACIÓN 10º ANIVERSARIO DANZA NO CLAUSTRO
ÁLVARO MURILLO / 8 KM EN MULA / Extremadura
Coreografía e interpretación: Álvaro Murillo
Unha crónica de sucesos, un feito real ocorrido a noite do 22 de xullo do 1928 no Cortijo del Fraile en Níjar, Almería, serviu como inspiración a Federico García Lorca para a creación da súa obra “Bodas de Sangre”. Un amor prohibido nunha sociedade que garda as apariencias. Unha forza instintiva que tende á unión irracional opoñéndose, sen buscalo, ao convencionalismo social. O día de su voda unha noiva escapa co seu amante. O noivo ségueos e ten lugar o desenlace, os rivais apuñálanse mutuamente, provocando en ambos a morte.
O corpo utiliza a linguaxe da danza e flamenco contemporáneo para contar unha historia de amor maldito. O movemento como ferramenta de comunicación, leva consigo declaracións con respecto á morte e o amor. Unha crónica danzada da obra, unha versión flamenca da historia.
BLUES DE MEDIANOITE / LABORATORIO ESCÉNICO / Galicia
Coreografía e intérprete: Alba Fernández Cotelo
Iluminación: Afonso Castro
“Cando cae a noite e entra a melodía, acéndense as luces para min “
Blues de Medianoite entra, a ritmo de blues, no misterio e a sensualidade da noite, achegándonos ás raíces negras no movemento, na música e nos instintos. A chamada da terra que pon en valor ás grandes mulleres do blues e a riqueza rítmica que ven directamente de África, sempre dende un filtro persoal. Isto é, o MEU blues.
ONDAS MUSICAIS NOS CLAUSTROS DA DANZA / DJ JAS PROCESSOR / Galicia
Espazo sonoro e DJ: Jas Processor
DANZA NO CLAUSTRO 2022
DIRECCIÓN E PRODUCIÓN
Erick Jiménez
Maruxa Salas
PRODUCIÓN
Víctor López Carbajales
Manu Lago
COMUNICACIÓN
Noemí Sánchez Cárdenas
VESTIARIO COMPAÑÍAS
Adolfo Domínguez
FOTO E VÍDEO
Manu Lago e Fotografía Salas
ORGANIZA
Sólodos
COA AXUDA DE
INAEM - Ministerio de Cultura
Deputación de Ourense
Xunta de Galicia - Xacobeo21_22
COLABORA
Concello de Xunqueira de Espadanedo, Concello de Nogueira de Ramuín, Concello de Melón, Acieloabierto, Parador de Santo Estevo, A Casa Vella, Fotografía Salas e Galicia Danza Contemporánea
FORMA PARTE DE