2019 Danza no Claustro
Claustro de San Francisco · Ourense
20 e 21 de Xuño de 2019
Danza no Claustro é unha proposta escénica exclusiva, un proceso de creación e investigación que se realiza anualmente no Claustro de San Francisco, na cidade de Ourense: habitar o claustro con danza. Os artistas internacionais e locais desenvolven unha proposta escénica en conxunto, compartindo os seus coñecementos e experiencia nun espazo histórico e importante para a cidade de Ourense.
Esta programación realízase anualmente en Xuño, desde 2013, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Ourense.
PROGRAMACIÓN DANZA NO CLAUSTRO 2019
20 e 21 de Xuño · 20.30h
·FRONTERAS Y MUJERES / Peace of Mind & Pájaro Mosca / España-México / Preestrea
Coreógrafas e intérpretes: Paula Pérez Pinilla, Carmina Gimeno Latas, Noemi Sánchez Cárdenas e Elisa Medina Hudgins. Coproducen coas compañías: Festival Trayectos Zaragoza e Sólodos En Danza.
Fronteras y Mujeres parte da necesidade de entablar unha conversa que porta como bandeiras o corpo e o territorio, utilizando como pista de arranque o traballo previo realizado por ambas compañías referente á búsqueda de novos camiños que permitan actualizar conceptos tan variables, permeables e subxectivos, como o son as fronteiras mediante o seu cruce, ruptura ou reparación.
Fotografía Pablo Vargas
·LOS OJOS ABIERTOS DE ELLA / Pájaro Mosca / México
Coreógrafa e intérprete: Noemí Sánchez Cárdenas
Exploración sobre a monstrosidade. Unha búsqueda sobre a idea de como é que unha emoción toma corpo, ritmo e tono muscular, buscando chegar ao coraxe real.
Fotografía Pablo Vargas
·TONO / Pájaro Mosca / México
Coreógrafa e intérprete: Elisa Medina Hudgins
Tratamos o mundo, os obxectos e a xente do mundo en función da súa proximidade (e, engadiría eu, da súa semellanza) respecto de nós mesmos. A semellanza é unha ameaza á xerarquía.
Fotografía Pablo Vargas
·EPHIMERO / Peace of Mind / España
Peza Ganadora do Premio do Público e Premio Xove en SóLODOS En Danza Ourense 2018.
Creadoras e intérpretes: Paula Pérez Pinilla e Carmina Gimeno Latas.
Os sentidos son a porta entre o ser humán e o exterior. Sen palabras, cando dúas persoas se miran aos ollos, establecen un cimento de confianza e comunicación. A través dos aromas, sons e o simple tacto, viaxamos cara un mundo de recordos e sentimentos que nos van conectando, no transcurso da vida. Pensamentos fugaces sumisos a un cronómetro que nos balancean entre o duradeiro e as agullas do efémero.
Fotografía Manu Lago
·HUMEDALES / Fran Martínez / España / Estrea
Creación e interpretación: Fran Martínez | Apoios: Centro Cultural Conde Duque + Coreógrafos en Comunidad, Centro Danza Canal.
Os humedais son os meus orificios. Esvaradíos. Tranquilos. Mornos. A fronteira entre a carne quente e sangrante e un mundo hermético. Todo é misterio para quen observa, para quen o seu obxecto de desexo non se satisfai con libros de anatomía. O dentro, todo escuridade, e o fóra, que de tan visible, indescifrable.
Fotografía Juan David Cortés
·EM·NA / Colectivo Glovo / España-Portugal / Estrea
Coreógrafos e intérpretes: Hugo Pires Pereira e Esther Latorre Fernández.
"Somos vibración. Todo é vibración, e todo é impermanente, pois todo está en constante movemento. A nosa mente tamén é movemento, e o movemento necesita armonía para crear eficiencia. Armonía é ritmo.
Aquel que sabe manipular a vibración pode transformar as cousas ao seu arredor."
Fotografía Chus Varela
·PEDESTRES / Costa Rica / Ganadores Certamen Sólodos En Danza Costa Rica 2019
Creación e interpretación: Lina Valverde e Camilo Regueyra
Retrato da multitude en tránsito, collage paranóico de Chepe.
En dous corpos conflúen todxs aquelxs que camiñan, a rúa e a cidade;
móvense en seometrías e ao ritmo da urbe;
é tanta a acumulación de xestos simultáneos que se tornan extracotiáns.
Fotografía Pablo Vargas
DIRECCIÓN E PRODUCIÓN
Erick Jiménez
Maruxa Salas
PRODUCIÓN, FOTO E VÍDEO
Manu Lago
ORGANIZA
Sólodos
PATROCINA
Concellaría de Cultura de Concello de Ourense
COA AXUDA DE
INAEM - Ministerio de Cultura
COLABORA
Galicia Danza Contemporánea






